mércores, maio 27, 2009

O Sindicato Labrego galego chama a mobilizar-se: Hoxe ás 12 do mediodía diante da Consellería do Medio Rural en Compostela

O sector leiteiro da Galiza está en loita. Demandamos un prezo que nos permita vivir do noso traballo

27 de Maio do 2009

  • OS LABREGOS E LABREGAS DA GALIZA ESTÁN EN LOITA
  • PARA DEFENDER O DEREITO A VIVIR, O DEREITO A NEGOCIAR O PREZO DO NOSO TRABALLO
  • CONCENTRACIÓN MÉRCORES 27, ÁS 12.00h, diante da CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL
  • Sabemos do voso apoio, precisamos da vosa presencia
Ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida.

Perante das informacións ao respeito de posíbeis solucións para as dúas explotacións d´A Mariña ás que Lácteos Lence suspendeu a recollida o pasado sábado por tentaren negociar un prezo para o seu leite, o Sindicato Labrego Galego quere transmitir:

Que ás 11.00h do presente mércores 27 de maio, ningunha empresa se puxo en contacto cos gandeiros afectados, pese á comunicación realizada polo alcalde de Barreiros a estas dúas explotacións de que había posibilidades de recollida.

Que ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida.

Enviado por:
Gabinete de Prensa do SLG
-prensa@sindicatolabrego.com-
27 de maio de 2009 11:15

http://www.sindicatolabrego.com/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon