venres, xuño 26, 2009

Continua a folga por un convenio xusto, o luns 29 de Xuño Marcha do Metal até Compostela


Novo éxito da folga xeral do sector do Metal, que colapsou todos os accesos á factoria de Citroen a mediodia, onde houbo cargas policiais


Proponse en asemblea comezar o luns unha manifestación a pé dos traballadores do Metal a Compostela

Unha nova xornada de Folga, e xa van 17 días de loita pola negociación do convenio provincial do Metal de Pontevedra, e dúas convocatorias coa do xoves 25 de xuño de folga xeral do sector do Metal, en solidariedade e apoio destes folguistas. E de novo foi un éxito de xornada. Un éxito polos milleiros e milleiros de traballadores que volveron sair ás rúas de Vigo, e polas accións que se levaron adiante, como o colapso de todas as rotondas de acceso a Citroen. Tamén porque esta convocatoria a realizou a CIG en solitario, e demostrou a forza colectiva deste sector, que non se rende, e que nun dia máis con represión policial, volveu dar a cara e non se amedrentou. Para a semana unha nova acción: camiñar o luns até Compostela todos os folguistas [+info].

Documentario da 17ª Xornada de Folga no Metal de Pontevedra
Vigo, 25 de Xuño de 2009



Fonte: Avante
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon