venres, xuño 26, 2009

Honduras: Prepárase Golpe de estado

Tags

Importante, Importante, ... non pasar desta noticia

Transmisión independiente de radio desde Honduras

Ante a comunidade nacional e internacional, o Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras, COPINH, denuncia a intención golpista perpetrada a noite do 24 de xuño do 2009 ao goberno constitucional de Manuel Zelaya Rosales e contra o pobo hondureño e os seus máis importantes aspiracións. Este acto é unha reacción desesperada da dereita e os seus aliados para frear a vontade popular de buscar vías democráticas para a transformación nacional.


A dereita reaccionaria buscou frenéticamente parar a Enquisa Nacional que se realizará este 28 de xuño e onde se lle preguntará á sociedade hondureña se esta de acordo que se instale unha Cuarta Urna nas eleccións xerais de novembro para convocar a unha Asemblea Nacional Constituínte que elaboraría unha nova constitución.

Esta ofensiva golpista foi planificada e executada de xeito articulado entre o Congreso Nacional fascista, os medios de comunicación e os seus donos; O Ministerio Público, os empresarios máis poderosos do país e as Forzas Armadas, que viñeron actuando en franco desacato ás decisións do poder executivo; por isto denunciamos que o exército asumiu un papel similar ao dos anos oitentas, cando servía de instrumento de desestabilización e represión.

A esta campaña, que desemboca nun desproporcionado acto de agresión contra un pobo hondureño, uníronse algúns sectores das xerarquías das igrexas evangélicas e católica, quen han intermediado, alentado e xustificado os feitos de connotación golpista.

Así mesmo denunciamos a inxerencia e participación do goberno dos EEUU e o seu embaixador en Honduras quen alertado de antemán dos feitos aquí denunciados abandonou o país, e chamou aos directivos do BM, o FMI e outras institucións próximas ao goberno norteamericano, a abandonar o país, co que demostran o seu contubernio coas forzas golpistas.

Chamamos ás bases do COPINH e ao pobo hondureño en xeral, organizado e non organizado, a mobilizarse desde a súa comunidade, aldea ou cidade, especialmente de Tegucigalpa, para expresar o seu rexeitamento e indignación. Chamámoslles a non deixarse intimidar pola campaña mediático terrorista desencadeada en contra da vontade e expresión do pobo e o seu dereito a pensar e desexar un país novo, con xustiza e igualdade.

Chamamos á comunidade internacional a manifestarse decididamente en contra desta agresión ao pobo hondureño e expresar a súa solidariedade e apoio para que non se violenten os dereitos humanos do pobo hondureño.

Chamamos a intensificar a loita organizada para instalar a Asemblea Nacional Constituínte Popular e Democrática, agora, neste momento histórico da nosa patria.

Finalmente, o COPINH, recoñece como único Presidente Constitucional da República, a Manuel Zelaya Rosales, polo que rexeitamos a calquera "substituto" imposto polos poderes fácticos e imperialistas.

Coa forza ancestral de Iselaca, Lempira e Etempica levántanse as nosas voces de vida, xustiza, dignidade, liberdade e paz.

Dado na cidade da Esperanza, Intibucá, 24 de xuño de 2009 Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras - COPINH

25 de xuño de 2009
Fontes: movimientos.org - copinh.org

COPINH
__________________

Indymedia Chiapas, información sobre o que está pasando en Honduras:
chiapas.indymedia.org

Desde Via Campesiña en Honduras
Sectores sociais hondureños congregan-se en apoio a Zelaya
Renato Álvarez chaama aol golpe de estado

_________________

Enlaces de interese
:

______________________

O pobo nos cuarteis para rescatar as urnas que secuestrara o exercito:

Noticia e documentario en aporrea.org
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon