Este xoves e venres -11 e 12 de Xuño de 2009- vai ter lugar en Santiago de Compostela (Facultade de CC. Económicas e Empresariais - Avda. Burgo das Nacións s/n) o IV Encontro da Red de Economía Ecológica de España.
Podedes descargar o díptico sobre o encontro -pdf-, do cal vos copiamos os datos máis relevantes:
Programa do Encontro
11 de xuño- Reflexións sobre Economía Ecolóxica
- 9,00-9,15 Inauguración da xornada
- 9,15-9,45 Joaquim Sempere Carreras. Universitat de Barcelona:
- “Decrecemento e Sostibilidade”
- 9,45-10,15 Debate
- 10,15-10,45 Antón Novas. Mºde Medio Ambiente y Medio Rural y Marino:
- “Sistema alimentario e Transxénicos”
- 10,45-11,15 Debate
- 11,15-11,45 Pausa-café
- 11,45-14,15 Reunión interna da Rede (SÓ MEMBROS EcoEcoEs)
- 14,15-15,30 Xantar
- 15,45 Saída visita: Cooperativa Monte Cabalar (A Estrada)
- 20,30 Regreso da visita
- 21,45 Cea
- 9,00-9,45 Christian Kerschner. Universitat Autónoma de Barcelona.
- 9,45-10,30 Benjamín López. Universitat Autónoma de Barcelona.
- 10,30-11,15 Jaume Freire. Universitat Autónoma de Barcelona.
- 11,15-11,45 Pausa-café
- 11,45-12,30 Stephan Salate. Universitat de Barcelona.
- 12,30-13,15 Erik Gómez. Universidad Autónoma de Madrid.
- 13,15-13,45 Conclusións e Clausura
- 19,00-21,00 Visita ao casco antíguo
- 21,45 Cea
- Xoán R. Doldán García. Departamento de Economía Aplicada-Universidade de Santiago de Compostela
- Xavier Simón Fernández. Departamento de Economía Aplicada-Universidade de Vigo
- María Luisa Chas Amil. Departamento de Economía Cuantitativa-Universidade de Santiago de Compostela
- Rosa María Regueiro Ferreira. Departamento de Historia e Institucións Económicas - Universidade de Santiago de Compostela
- Un grupo de profesores, investigadores e persoas interesadas na Economía Ecolóxica (EE) reunímonos en Ronda (I Encontro), en xuño de 2006, con idea de establecer un primeiro contacto de reflexión conxunta sobre a necesidade de crear a Rede. Houbo un consenso claro sobre o interese de continuar con estes encontros, fixándose dúas novas xornadas: a primeira, en Carmona en marzo de 2007, dedicada a docencia en Economía Ecolóxica cuxas conclusións leváronse ao III Encontro da Rede que se celebrou en Madrid, en febreiro de 2008.
- A EE entende a economía como un sistema aberto afectado polas Leis da Termodinámica e todas as súas implicacións; considera a relación entre os diferentes sistemas que compoñen a realidade –económico, tecnolóxico, social, territorial e institucional- e realiza unha análise da evolución conxunta e dinámica de ditos sistemas (enfoque eco-integrador e análise sistémico-coevolutivo); analiza a dimensión física da realidade, non unicamente a monetaria, utilizando tanto variábeis cuantitativas como cualitativas.
- A Rede EcoEcoEs xurde da necesidade de fomentar e coordinar a investigación e docencia en EE en España. O seu obxectivo principal é crear sinerxías entre os investigadores e docentes españois dedicados á EE, así como fomentar as relacións destes con institucións europeas e internacionais. Dado que un dos obxectivos principais da EE é a análise multidisciplinar e transdiciplinar dos problemas económicos, ambientais e sociais, opinamos que a Rede tería que comporse, non unicamente de economistas, senón de todo tipo de investigadores e docentes interesados nesta visión do mundo.
Fonte: vesperadenada.org
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon