O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, remite-nos esta preocupante denuncia co prego de difusión. Non pode ser tanto despropósito xunto. Agora queren poñer ao director da empresa petroquímica que máis ilegalidades cometeu contra a nosa Ría - miles de metros cadrados de recheos ilegais-, a que máis contaminou e segue contaminando, si estamos falando de Forestal del Atlántico, S.A., Non pode ser !! ... O raposo ao coidado do galiñeiro!!
Engádese o escrito, e prégase difusión.
Comité Cidadán de Emerxencia
SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
Reunido de urxencia o Comité Cidadán de Emerxencia para valorar as noticias que anuncian o posibel nomeamento de Francisco Silva Castaño (Director Xeral de Forestal del Atlántico), como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, nos diriximos a vostede e manifestamos o seguinte:
- Que Francisco Silva Castaño é Director dende hai mas de dez anos da empresa ”Forestal del Atlantico” coñecida pola vulneración sistemática das leis medioambientáis que afectan gravemente a Ría de Ferrol (recheos ilegais, enterramento de verquidos, falsificación de datos, etc.)
- É coñecida a oposición de Francisco Silva Castaño a iniciativa do Porto Exterior por parte da Administración Pública, para xustificar así, os recheos ilegais, poder implantar a planta de gas e que os tráficos nocivos e perigosos se mantiveran no interior da ría de Ferrol.
- Dende o ano 1998 está aberto un sumario pola venta ilegal de gasoil de importación, que saía dos depósitos de Forestal. Este sumario foi aberto polo xuiz D. Alejandro Morán Llorden, tras o traballo de investigación da Garda Civil, denominada “Operación Remolque”.
- Esta persoa é coñecida ademáis como impulsor e asinante do proxecto básico da planta de gas de Reganosa, iniciando un proceso de triquiñuelas, falsificacion de datos para facilitar coa complicidade das administracions o sortear a lei e acadar a aprobación do mesmo.
- 3º.- A Planta de Gas de Reganosa é unha instalación ilegal e perigosa que ameaza á población de Ferrolterra e acelera a destrucción do ecosistema da Ría de Ferrol. Os Tribunáis de Xusticia teñen admitidos a trámite doce contenciosos en contra. Así mesmo o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia xa fallou por tres veces anulando a tramitación ambiental de Reganosa.
Por todo elo, nos diriximos a vostede como Presidente do Goberno Galego para que se nomee a unha persona de probado respeto á legalidade e os intereses xerales.
Ferrol a 29 de maio de 2009
Manuel A. Rodriguez Carballeira
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de junho de 2009 00:34
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon