A CIG rexeita a proposta dos mediadores do Convenio do Metal e continúa coa convocatoria de folga xeral do sector en solitario.
[Clicar acima da imaxe para ampliar]
"Este non é o acordo polo que estivemos a pelexar e polo que continuaremos a pelexar. Nós non nos rendemos".A decimosexta xornada de folga estivo marcada de novo polas marchas mais tamén por unha proposta realizada polos mediadores para poñer fin ao conflito. Unha proposta insuficiente e que coa vontade de desactivar a mobilización e a convocatoria de folga xeral do xoves 25 foi presentada o martes 23 de xuño, reclamando que se desconvoque calquera mobilización até o 30 de xuño. A CIG, diante da asemblea realizada na Praza do Concello, nesta nova xornada de folga rexeitaba esta proposta, xa que "non é o acordo polo que levamos a pelexar tantos e tantos dias, e pola que imos continuar a pelexar. Porque nós non nos rendemos, que se saiba".
[+ Info en Avante]
[+ Info en Avante]
Documentario do 15º Día de Folga.
Unha vez máis as forzas represivas ao servizo da burguesía, as imaxens falan por si só.
Cumpre un movimento solidario por toda a Nación.
24/6/2009
A folga do Metal continúa a ser un referente de loita e dignidade, que cada dia colle unha forma e cor distinta, e que se visibiliza masivamente polas rúas de Vigo.
Fonte: Avante
Esta obra está baixo
unha licenza de Creative Commons.
unha licenza de Creative Commons.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon