A III Marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, tivo lugar este Xoves 23 de Xullo de 2009, coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.
Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.
Moitas persoas saíron desde o Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza, para participar na camiñada de 15 KM, peqn@s e grandes, máis a cor vermella presominou no transcurso do percorrido, o"O Pote", de Maniños foi o ponto de reagrupamento. A Pedreira o segundo, e o paso por diante dos tanques de Reganosa foi todo un estruendo deo berros: "Planta de Gas Fora da Ría !"
Despois da Marcha houbo un Festival no Parque dos Carneiros organizado pola Asociación Veciñal "O Cruceiro" de Meá.
Videos dos diferentes momentos da Marcha:
__________________
Enlaces relacionados:
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon