O BNG PROPÓN QUE O 2010 SEXA DECLARADO COMO “ANO CARVALHO CALERO”
Elia Rico definiu a Carvalho Calero como un investigador libre, comprometido co seu país e non sometíbel a prebendas oficiais.
Ferrol 10 de xullo de 2010.
O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol presentou esta mañá unha iniciativa coa que persigue que o Concello de Ferrol declare o ano 2010 como “Ano Carvalho Calero” e que unha comisión programe as actividades que arroupen esta comemoración.
Elia Rico, concelleira do BNG, destacou a figura do profesor ferrolán do que dixo que era un investigador libre, comprometido co seu país e non sometíbel a prebendas oficiais. Ademais incidiu en que os méritos acumulados por el ao longo da súa traxectoria profesional fano merecedor desta comemoración.
O BNG defendeu esta celebración lembrando que o vindeiro ano se cumpre o centenario do nacemento e o vixésimo aniversario da morte do profesor ferrolán, e fillo predilecto do Concello.
Elia Rico argumentou que a súa cidade non pode deixar de lembrar a súa figura. Criticou a incomprensíbel negativa da RAG a adicarlle o Día das Letras a Carvalho Calero e afirmou que “emocionalmente e cerebralmente negámonos a admitir que poida haber na RAG persoas de tan pouca grandeza humana, intelectual e de integridade que sigan negándolle tal distinción”.
Grupo Municipal do BNG
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA QUE O ANO 2010 SEXA DECLARADO NA NOSA CIDADE COMO "ANO CARVALHO CALERO"
o Grupo Municipal do BNG ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate en Pleno a seguinte MOCiÓN Exposición de Motivos:
O vindeiro ano cúmprese o centenario do nacemento e o vixésimo aniversario da morte do profesor ferrolán, e fillo predilecto deste Concello, Ricardo Carvalho Calero.
A ninguén lle son alleos os méritos acumulados por el ao longo da súa traxectoria profesional: é posuidor dunha extensa obra que abarca todos os xéneros, polo importante traballo desenvolvido no Seminario de Estudos Galegos, polo seu inquebrantábel compromiso coa nosa lingua e cultura, polo seu compromiso político e social, polo seu impulso cultural contribuindo na posta en marcha da Editorial Galaxia, por ser o primeiro catedrático de lingua e literatura galega na universidade de Santiago ou por ser membro da Real Academia Galega, son algúns dos exemplos que se poden poñer sobre el.
Recentemente a negativa da Real Academia Galega a adicarlle a celebración do Dia das letras do vindeiro ano, nunha decisión incomprensíbel a tenor da xustificación aportada por esta institución que califica de conflitivo o seu nomeamento e que deixa entrever o carácter sectario da RAG ao entrar a valorar cuestións. máis alá dos méritos lingüísticos para outorgar tal distinción, supuxo unha decepción para unha ampla parte da sociedade galega e mesmo
do Concello de Ferrol que ten abandeirado esta reivindicación.
Cremos que non podemos deixar pasar a oporlunidade da coincidencia destas dúas datas para honrar o traballo deste personaxe ilustre da nosa cidade. Durante o vindeiro ano pódese aproveitar para espallar e dar a coñecer a súa obra e que Ricardo Carvalho Calero signifique, na súa cidade natal e para os seus veciños e veciñas, algo máis que o nome dun centro cultural, dunha rúa, ou dun liceo.
Son moitas as iniciativas que se poden levar adiante: adicarlle e convertilo na figura central da vindeira edición da feira do libro, potenciar os premios o seu literarios que levan nome, espallar mediante unha unidade didactica nos centros de ensino a súa obra etc.
Por isto,
é polo que solicitamos do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1.- O Pleno do Concello de Ferrol acorda declarar oficialmente o ano 2010 como &&Ano Carvalho Calero".
2.- O Concello de Ferrol acorda crear unha comisión na que entre outros~ teñan participación todos os grupos políticos da corporación de cara a elaboración dunha programación que arrupe a celebración do "Ano Carvalho Calero"
Ferrol, a 9 de xullo de 2009
asdo.- Xoán Xosé Pita Díaz
asdo.- Elia Rico Lagarón
Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
10 de julho de 2009 13:12
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon