A Marcha Mundial das Mulleres, ante o seu inesperado falecemento, quere facer un recoñecemento público do traballo desenvolvido pola concelleira Manuela Pérez Sequeiros, a favor dos dereitos das mulleres de Narón e dos dereitos das mulleres en xeral.
Iniciativas como o Foro de Cidadás, a celebración do 8 de Marzo e o apoio à rede asociativa de mulleres, entre outras, serían impensabeis sen a presencia de Manoli no Concello.
Manuela colaborou coa Marcha Mundial das Mulleres participando en moitas mobilizacións e apoiando desde o concello moitas iniciativas internacionais. A participación das mulleres de Narón nas mobilizacións de loita contra a violencia machista e a erradicación da pobreza, non teria sido o mesmo sen o seu compromiso.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos recoñecer na figura de Manuela, o labor de muitas mulleres feministas que nas institucións locais apoian os movimentos de base e levan adiante iniciativas en defensa dos nosos direitos, nunha barricada máis contra o patriarcado que pretende nestes últimos tempos con máis virulencia, volvernos ao século XIX.
________________________
http://lupeces.blogspot.com/
Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
15 de julho de 2009 23:01
______________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, xullo 15, 2009
Manuela Pérez Sequeiros, in memorian
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xullo 15, 2009
Narón, 14 de xullo de 2009
Lupe Ces RiobooArtigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon