mércores, xullo 22, 2009

O Consello Local de EU quere expresar o seu apoio á III Marcha a Pé a Mugardos

  • O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA O SEU RESPALDO A III MARCHA A PÉ A MUGARDOS E ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NELA
  • ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA CONFIANZA EN CONQUERIR UNHA RESOLUCIÓN SEMELLANTE A DOS DEPÓSITOS DE FERRAZO DE VILAGARCÍA
O Consello Local de EU quere expresar o seu apoio á III Marcha a Pé a Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para reclamar o desmantelamento da planta de gas de Reganosa. A Marcha vai en relación co segundo aniversario do peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos o 23 de xullo de 2007, peche que se prolongou durante 111 días, e que proporcionou un excepcional exemplo de loita e constancia dunha veciñanza que ten que suplir co seu traballo social o desleixo co que as autoridades públicas aceptan de cote a facticidade que tentan impoñer os poderosos señores dos cartos.

A teimuda realidade dos feitos: un emprazamento que convirte a planta de gas de Reganosa nunha instalación perigosa e ilegal; esa realidade é a que convoca a máis de sesenta organizacións e entidades a manter unha loita de anos para restaurar unha legalidade que garanta a nosa seguridade.

As sentenzas xudiciais falan o noso favor e xa temos diante o precedente exemplo acaecido na ría de Arousa, onde fallouse en firme sobre os depósitos de hidrocarburos de ferrazo que se instalaran hai ano no porto de Vilagarcía obrigando o seu desmantelamento. A nosa organización está certa que máis pronto que tarde esta vai ser a resolución que se impoña – coa forza da razón crítica e da legalidade – en relación coa planta de gas que intereses espúreos situaron no interior da nosa ría.

Esquerda Unida fai un chamamento público a participar na III Marcha a Mugardos, que sairá do parque Carmelo Teixeiro en Caranza mañá xoves, ás 17:00 horas, para rematar nunha celebración lúdica e reivindicativa no parque dos Carneiros en Mugardos contra as nove da noite.

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
Ferrol, 22 de xullo de 2009


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
22 de julho de 2009 12:11


Prezad@s amig@s: achegamos nota aos medios co pronunciamento público do Consello Local de EU apoiando a III Marcha a Mugardos convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia. Recibide unha aperta.

Asdo. Ricardo Ledo
Secretario Organización Consello Local EU Ferrol
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon