Por a imposiblidade de poder cumprir as bases do concurso internacional de gaita
Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Por incumprimento das BASES con relación ao punto 5 "Gaiteiro de Soutelo" do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" que textualmente di:
"Gaiteiro de Soutelo" (Punto nº 5 do "Constantino Bellón)
a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".
b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.
c.- Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:
1. Un CD gravado coa peza "Patapau, Xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2. Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio "Gaiteiro de Soutelo", e máis a copia da tradicional ou de autor.
e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 5 de maio do 2009.
f.- PREMIOS. Os premios "Gaiteiro de Soutelo" consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón", que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2009, na cidade de Ferrol (Galicia).
* Haberá catro premios .
Ante a resposta obtida por parte da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia con data 24.07.09 que nos transmite que:
..... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán lamenta COMUNICAR que, a pesar das diferentes xestións realizadas para subsanar esta anomalía, ao non poder cumprir as BASES do devandito Concurso, a edición do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" se celebrará en AGOSTO de 2010, quedando á espera do comunicado que emitirá o XURADO do "Constantino Bellón".
Ferrol a 20 de agosto de 2009.
--
Publicado por Ateneo Ferrolán para Ateneo Ferrolán el 8/22/2009 02:32:00 PM
Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-bettinakorten@freenet.de-
22 de agosto de 2009 14:39
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon