Chuvia de Estrelas
PERSEIDAS 2009
A SGHN convoca a todos os interesados neste fenómeno, para o día 12 de agosto ás 22:00 na praia de Esmelle.
Para unha cómoda e boa observación é moi importante seguir estes consellos: non nos deixemos enganar porque sexa agosto, xa que durante a noite na praia de Esmelle pode facer bastante frío, polo que recomendamos levar unha chaqueta, chaquetón ou similar, así como un gorro, en espacial os nenos. Non levar lanternas, xa que cegan aos demais e non nos permiten gozar da beleza da noite. Non se recomenda levar telescópios, xa que as choivas de estrelas como mellor vense é a primeira ollada.
Para calquera información chamar a SGHN Ferrol 981352820 ou achegarse o Museo da Natureza en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.
No entanto a SGHN achegará á praia algún telescópio, presmáticos, planisférios, etc., para poder facer algunha outra observación.
As Perseidas, coñecidas popularmente como “Bágoas de San Lourenzo”, son a choiva de estrelas máis famosa do ano, son visibles ante observadores de case todo o mundo, aínda que moito mellor no hemisferio norte. Desde o día 13 de xullo estan connosco ata o 26 de agosto.
A orixe das Perseidas é o cometa Swift-Tuttle. Aínda que o cometa atópase afastado da Terra, actualmente máis aló da órbita de Urano, os restos das colas do cometa, cruzanse no camiño de paso da Terra no seu movemento de translación, chocando coa atmosfera a 60 quilómetros por segundo, e a esa velocidade, ata o máis pequeno fragmento de po produce ao desintegrarse, unha estrela fugaz.
Debido a que os meteoros do cometa Swift-Tuttle aparentemente saen dun punto da constelación de Perseo (radiante), é polo que as chamamos Perseidas.
A primeira vez que se rexistraron as Perseidas, foi en China no ano 36 de nosa era; con posteriores rexistros ao longo dos séculos posteriores. Pero é no século XIX cando se realiza a primeira observación científica das Perseidas, en 1835 por parte de Quetelet, observador belga quen descobre que os meteoros das Perseidas xorden da constelación de Perseo.
En 1866, o astrónomo italiano Virgilio Schiapa realizou observacións das Perseidas que as relacionaba coa aparición do cometa Swift Tuttle, descubrindo a relación que existe entre outras choivas de estrelas cos cométas.
O cometa Swift-Tuttle ten un período orbital de entre 120 e 135 anos, o seu último paso tivo lugar en 1992. Así, en 1993, durante a choiva de agosto dese ano, observadores europeos reportaron ata 500 meteoros por hora.
Este ano o máximo terá lugar o día 12 de agosto ás 15:00 TU, é dicir ás 17:00 hora local. Como a esa hora estamos en pleno día, considérase boa hora de observación entre doce horas antes e doce despois do máximo. Espéranse ata unhas 100 estrelas fugaces por hora (ZHR).
A Lúa ocultaráse preto da media noite polo que non bloqueará o brillo dos meteoros máis débiles, o que incrementará a espectacularidade do fenómeno.
Para obter mellores resultados de observación, aléjarse das luces da cidade. As Perseidas máis brillantes pódense ver desde as cidades, pero as máis espectaculares, compostas por meteoros tenues e delicados, só se poderán observar nas zonas sen contaminación lumínica. Durante un intre, a Lúa en fase crecente interferirá coa Perseidas e o resplandor da Lúa só permitirá ver os meteoros máis brillantes. Pero cando a Lúa ocúltese e deixe detrás un ceo escuro, as Perseidas salpicarán o ceo cos seus escintileos.
SGHN Astronomía
Enviado por:
SGHNFERROL
-sghnferrol@sghndeferrol.e.telefonica.net-
11 de agosto de 2009 09:46
__________________
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
________________________
Enlaces relacionados:
- International Meteor Organization
- Canal de Video Astronociencia
- Asociación Astronómica de Vigo (Pontevedra).
- Agrupación Astronómica Ío (A Coruña).
- Agrupación Astronómica Rías Baixas (Pontevedra).
- Asociación Animacción (Ourense).
- Asociación de Divulgación Científica Ourense Astronómico(Ourense).
- Asociación Astronómica Cielo Barbanza (A Coruña).
- Asociación Astronómica Sirio (Pontevedra).
- Clube Compostelán Vega de Astronomía (A Coruña).
- Asociación Astronómica Cova da Serpe (Lugo).
- Taller de Astronomía da Asociación Cultural Foula (Ourense).
- Astronomía na Beirarrúa (USC-Clube Vega).
- Asociación Astronómica de Ourense (Ourense).
- Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (Santiago de Compostela).
- Sociedad de Observadores de Meteoros y Cometas de España
- Astrogaliza 2009 -Desenvolvera-se entre o 18 e 20 de Setembro en Maceda-
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon