mércores, agosto 05, 2009

Comarcalización do servizo de bombeiros

Tags

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, 5 de agosto de 2009


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE ESTUDO PARA CONQUERIR NO SEU SEO O COMPROMISO DE COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO DE BOMBEIROS

  • SARI ALABAU LAMENTA A PRECIPITACIÓN E PRESAS DO GOBERNO MUNICIPAL QUE TEIMA EN MANTER UN MAL ACORDO, QUE ADÍA SINE DIE E SEN COMPROMISO ALGÚN A COMARCALIZACIÓN
  • ESQUERDA UNIDA CHAMA A ACADAR UN ACORDO NA COMISIÓN DE ESTUDO PARA A COMARCALIZACIÓN DO SERVIZO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama ao Goberno Municipal que cumpra o acordado no Pleno da pasada semana, na que o punto se retirou da orde do día co compromiso de abordalo entre todos os Grupos Municipais cunha Comisión de Estudo. Esquerda Unida aposta pola constitución desa Comisión como ámbito para a negociación e sinatura dun compromiso antes de fin de ano coa Xunta de Galicia e incluso da Deputación que permita acadar a comarcalización do servizo de bombeiros.

Sari Alabau afirma o compromiso de Esquerda Unida para coadxuvar coas nosas propostas e traballo á comarcalización do servizo, mediante a sinatura dun acordo coas institucións concernidas, acordo que recolla nun cronograma os compromisos de investimento e plantilla necesarios para ofrecer un servizo con todas as garantías.

O Grupo Municipal de EU ten que lamentar de novo a precipitación do Goberno Municipal que con presas e sen atender os compromisos derivados do Pleno pecha a posibilidade da Comisión e opta pola devolución ao Pleno do mesmo mal acordo retirado a semana pasada. Esquerda Unida entende que un mal e insuficiente acordo e que pode pechar na práctica para outros vinte anos o necesario proceso de comarcalización, que é a fórmula máis racional. O que necesita Ferrolterra -e o que vai defender Esquerda Unida- é acadar un acordo para unha comarcalización en condicións económicas axeitadas e con emprego público estable, involucrando nel á Xunta de Galicia.

A posición política do noso Grupo Municipal basease na teimuda realidade dos feitos: os números do convenio non cadran –como xa denunciara Esquerda Unida no Pleno- e supoñen agora que xa non serán 10 bombeiros senón 7 as persoas a contratar mediante interinaxes cubertas cos fondos do convenio co concello Narón. Interinaxes que non van ser realidade alomenos antes de tres meses ou máis, que non van estar operativos durante o verán.

A nosa organización quere salientar a existencia dun escrito do departamento de Persoal do concello no que se recoñece que os cartos dispoñibles tras descontar as partidas do convenio correspondentes a investimentos e infraestruturas (55.784,32 euros) e o pago da gratificación de 200 euros os bombeiros (166.446 euros) só permiten a contratación como persoal interino de 7 bombeiros e dun oitavo durante seis meses. Toda contratación a maiores vai saír do peto do noso concello.

En resumo, nós entendemos que falla na contía e no eido de garantir a estabilidade no emprego, en particular, nas administracións públicas, as cales acumulan unha taxa de temporalidade crecente e preocupante. Ferrol cumpre hoxendía e quen se atopa na irregularidade é o concello de Narón, que non dotou un servizo que pola súa demografía vén obrigado a prestar. Razóns dabondo para voltar a proposta de EU de comarcalizar o servizo.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
5 de agosto de 2009 12:16


Prezad@s amig@s: achegamos a proposta de Esquerda Unida encol da comracalización do servizo de bombeiros.
Recibide unha aperta, Ramiro Marier
_________________

1 comentarios so far

Con comarcalidade ou sen ela, emprego público, digno e de calidade, nada de empresa privadas, que é o que perseguen os que teñen presas, darlle un pelotazo a unha empresa privada que lle pague as mariscadas, lle enchufe aos sobriños, e lle financie a campaña electoral


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon