mércores, agosto 05, 2009

O Movimento internacional Via campesiña convoca a unha acción global por Honduras para o Martes 11 de Agosto

11 de Agosto de 2009: DÍA DE ACCIÓN GLOBAL POR HONDURAS
05-08-2009

Ás irmás e irmáns de todas as rexións da Vía Campesiña,
ás irmás e irmáns de todos os movementos sociais,
a todos os pobos do mundo:

A máis dun mes do golpe militar en Honduras e a 38 días dunha incansábel loita de milleiros de campesiñ@s, mulleres, indíxenas, mestres, estudantes, sindicalistas, profesionionais e xente sinxela das cidades e do campo, para revertelo e restaurar a democracia e a dignidade, a represión dos golpistas non fixo mella no espírito de loita do heroico pobo hondureño.

Esta loita entrou agora nunha fase crucial polo que o movimento campesiño hondureño e a Frente Nacional de Resistencia Contra el Golpe de Estado, convocaron aos movimentos sociais, sindicais e democráticos, a unha Marcha Nacional que se inicia este día 5 de agosto e culminará o 11 de agosto en Tegucigalpa e San Pedro Sula.

En apoio a esta Marcha Nacional e ás nosas irmás e irmáns campesiñ@s e a todo o pobo hondureño, A Vía Campesiña fai un chamado a un Día de Acción Global por Honduras, o 11 de agosto deste ano, para despregar a solidariedade máis ampla levando a cabo mobilizacións, actos políticos e culturais, accións de presión e cabildeo e calquera actividade posíbel que axude ao avance da loita popular hondureña na derrota do golpe militar.

Pregamos que as plataformas e organizacións que decidan realizar algumha acción, informen á menor brevidade posíbel dos seus plans de acción e traballo do Día de Acción Global de Honduras.

¡GLOBALICEMOS A LOITA, GLOBALICEMOS A ESPERANZA!

Henry Saragih, coordinador xeral da Vía Campesiña

Fonte: viacampesina.org
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon