sábado, agosto 29, 2009

Instan ao Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña


O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Informacións do Grupo Municipal de Esquerda Unida

  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA   URXE    AO GOBERNO MUNICIPAL A  DESENVOLVER A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL APOSTA  POLA MELLORA  DUN ESPAZO PÚBLICO AO SERVIZO DA CIDADANÍA
  • ESQUERDA UNIDA INCORPOROU A REURBANIZACIÓN DA PRAZA NO ACORDO ORZAMENTARIO  PARA ESTE ANO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere chamar a atención do Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña.

Para Esquerda Unida a Praza de Sartaña foi un dos exemplos  de loita e reivindicación cidadá que aconteceron no mandato anterior e  que a nosa organización fixo seu. De feito no noso paso polo Goberno   anulamos as actuacións emprendidas polo anterior goberno da dereita, como primeiro paso cara a reurbanización da devandita praza.

A Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, considera  que vai tempo dabondo para dar ese paso adiante, necesario, consistente na reurbanización da Praza de Sartaña, para facer dela un espazo público  mellorado ao servizo da nosa veciñanza.

A demanda do movemento veciñal da zona é firme na necesariedade e urxencia de acometer esta obra para achegar mellorado un espazo de relación social e vida comunitaria nunha zona  que  adoece deles.

A nosa organización quere insistir na falla de ritmo coa que o Goberno Municipal acomete ou incluso adía  os compromisos adquiridos co noso Grupo Municipal e coa cidadanía en xeral.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
28 de agosto de 2009 15:34


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións referente a demanda de reurbanización da Praza de Sartaña. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon