sábado, agosto 29, 2009

Karoll William hoxe en Ferrol para participar no Segundo Certame Solidario de Ferrol

O rap levantou desde un principio o seu berro desgarrado contra a guerra. Os raperos cubanos non son a excepción. O videoclip do grupo cubano de Hip Hop, Hoyo Colorao, autoría de Karoll William Pérez Zambrano é o exemplo de como a voz popular en beizos dos raperos está facendo moito máis que os mesmos gobernos. Este vidoclip ten entre os seus ingredientes unha factura de alta calidade, letra de revolucionario contido e mestura de humor, dor e creatividade que lanza un berro de paz e esperanza ao mundo.







Letra da canción

Di que NON!

Fai tempo que estou vendo que este mundo está patas pa´rriba,
a xente paga co seu sangue o prezo da vida,
os nenos choran,
porque o famento non ten saída,
e morren baixo o lume da terra prometida.

Os ricos dividindo a cañonazos o planeta
coa supremacía branca a punta de escopeta.
Atacando bastións, relixións e profetas
en nome dunha paz con metralleta.
E están televisando o que pasa,
están levando o odio aos recunchos da túa casa,
están facendo un show co abuso e a matanza,
están medindo o rating criminal da vinganza.

Agora que o mundo cambiou,
que os asasinos queren á xente.
Agora que están atacando aos nenos con bombas máis intelixentes.
Agora que corre o sangue en nome da paz,
agora que hai lume amigo.
Agora que di a tele que todos os pobres somos inimigos.

Di que non... A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir

Eu pensei que era Nintendo aquilo que eu estaba vendo.
Na pantalla da miña Panda a xente estaba morrendo.
Vin un indixente chorando e un presidente mentindo,
a guerra comezando, vin par de bombas caendo,
continentes protestando, policías reprimindo,
a bolsa cambaleando e o petróleo vai subindo.
Vin un terrorista gozando e cinco mozos sufrindo,
todo un pobo loitando, pero outro pobo morrendo.
Vin os ollos daquel neno que as tropas han mata´ou,
por estar no momento e o lugar equivoca´ou.

Agora que o mundo cambiou,
que os asasinos queren á xente.
Agora que están atacando aos nenos con bombas máis intelixentes.
Agora que corre o sangue en nome da paz,
agora que hai lume amigo.
Agora que di a tele que todos os pobres somos inimigos.

Di que non... A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir

Convencións e tratados que botaron polo caño do lavabo,
comisións que buscaron pero que non atoparon.
Consellos divididos, todo un pobo ameazado.
Estou fronte á tele saturado
de boletas que compran e véndense por cheas,
da manipulación que hai coas opinións.
Cowboy fillo de papi que comprou as eleccións.
De toda esta candanga xa estou ata os collóns.
Di que non, e ponche en 3 e 2 con to´esa xente
que quere encher o tanque sacrificando inocentes.
Dei que non, porque o chamaco teu pode ser
o que saíu en primeira plana, esta mañá, morto´e bala.
¡Di que non!

A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir

¡Di que non!
¡Di que non!
¡Di que non!
¡Non!


http://www.hoyocolorao.com/banda.html
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon