domingo, agosto 30, 2009

Outro gaseiro que non pode entrar na Ría de Ferrol

Hoxe, sábado 29 de agosto, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro “Madrid Spirit”, que tivo que renunciar a efectuala debido ao forte vento.

Este buque faría o nº 51 dos que arriban a Reganosa cargados de GNL e o 9º que ten que desistir da súa entrada polas circunstancias climatolóxicas adversas.
A improcedente localización da Planta de Gas no interior da ría, en lugar do Porto Exterior, fai que 1 de cada 5 buques, teñan problemas para atravesar a angosta canle de entrada e deban fondear, un ou varios días, á espera dunha marea coas condicións axeitadas.

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentráronse ante o Edificio da Xunta de Galicia, como vén sucedendo cada vez que se anuncia a entrada dun buque cargado de gas natural liquado, para facer patente á cidadanía do perigo constante que supón a Planta e o tráfico dos gaseiros para o empobrecimiento da Ría e para a vida dos seus habitantes. Alí, o coordinador do Comité reclamou das autoridades : Alcalde de Ferrol, Presidente da Xunta, e Presidente do Goberno, que deixen de mirar para outro lado, que sexan conscientes do grave perigo que supón e que tomen as medidas necesarias para a paralización da planta e o seu traslado fóra da Ría.

O de hoxe deriva soamente nun gasto económico adicional, pero si esta situación se dera co buque dentro da ría e a tivera que abandonar precipitadamente por unha emerxencia, estaríamos posiblemente ante unha traxedia irreparable.

Ainda estamos a tempo:

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de agosto de 2009 00:57


--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon