domingo, agosto 02, 2009

Máis de 4.000 persoas se mobilizan en Cangas para pedir a "paralización" das obras do porto

Tags

[Foto de Carmen Giménez]

Máis de 4.000 persoas percorreron hoxe as rúas de Cangas (Pontevedra) para manifestar o seu rexeitamento á construción do porto deportivo na antiga conservera de Massó e "sensibilizar" a poboación das consecuencias "negativas" que suporía a execución destas instalacións.

Os manifestantes, que partiron con atraso, despois das 20.00 horas da Alameda Vella en dirección á zona de O Salgueirón, criticaron durante a marcha a todas as organizacións apoian o proxecto, incluído o PSOE e o BNG municipais e membros do Goberno cangués.

Así, na concentración, a pancarta principal da cal dicía 'Os peixes e mariscos non viven de recheos e contaminación. Por un proxecto responsable e transparente para Massó', oíronse berros de 'Son mariñeiros e non terroristas', 'Goberne quen goberne, Massó non se vende' ou 'Caixanova Terroristas', así como críticas á presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro.

Europa Press
01/08/2009

Fonte: Vieiros
__________

3 comentarios

Víctor Manuel Fuentes Viaño delete agosto 02, 2009 4:04 p.m.

Como sabemos os medios de comunicación oficiais está ao servizo dos intereses do capital e potíticos. Reproducir fielmente e sen contrastar a información pode levar a sen querer serbir aos emsmo intereses e anon ser un medio alternativo fiable. Rogolle a retirada desta información obtida de Vieiros, á súa vez obtida de Europa Press, ao non corresponderse ca realidade nin ca información difundida oficialmente polo colectivos convocantes da acción reivindicativa

Estimado Victor Manuel Fuentes Viano, con este comentário significa que comezas a sospeitar de que o nosso blog também está ao serviço de intereses ocultos e empresariais? O conteudo e o tom do teu comentário nom parecem os mais adecuados para umha relaçom de amizade entre companheir@s e organizaçons de luita que estamos no mesmo lado da barricada. Falas acusando, mas em todo o teu comentário nom pos nem um só exemplo de porque a informaçom que publicamos é enganosa. Umha cousa é que nos pidas amávelmente que ampliemos, modifiquemos ou mesmo retifiquemos a informaçom ao respeito da Manifestaçom deste passado Sábado, 1 de Agosto em Cangas, e sempre que se poida achegando a informaçom que consideras veráz, e outra cousa moi distinta, é que no-lo digas nesse tono "imperativo" e sobrado e sem contribuir com nada. Por regla geral as nossas fontes procuram ser variadas e contrastadas. Se eres un observador do nosso blog daras-te conta de que o que che dezimos é assim, mas todo depende da intençom que se tenha à hora de analisar as cousas. Definitivamente, nom metemos todo no mesmo saco e nós sim sabemos distinguir umha "Voz de Galicia" dum "Vieiros", e como filtrar as novas que chegam directamente das agências de informaçom.

O día da manifestaçom passamos varias horas na procura de informaçom sobre a mesma e nom atopamos nada, de madrugada atopamos, em Vieiros, a informaçom que publicamos, era umha nota tirada da agência Europa Press, ao nosso entender bastante "aséptica" sem máis, agardando que em dias posteriores as novas sobre o conflicto de Massó sairíam pouco a pouco á luz e polas fontes habituais da Rede Galiza Non Se Vende, publicadas sobre todo polo Foro Social de Cangas. Despois de ter publicado o assunto no Blog a madrugada do Domingo 2 de Agosto, hoje pola manhá é a primeira vez que abrimos o Blog e nos atopamos com este comentário, mais ampliado num correio interno que envias, mas também sem nengum tipo de contributo que clarifique a notícia, ao teu entender, enganosa.

A nossa experiência di-nos que nom todo o que publicam as agências e os medios convencionais está manipulado e responde a um "interesse espúreo", pois entre tant@ jornalista alguém haverá honest@ e os conselhos de redacçom também tenhem algumha coladeira ..., tanto maximalismo assusta. Estamos na primeira linha à hora de olhar de soslalho as novas dos medios, e mesmo ter umha postura totalmente beligerante com alguns deles, como é "La Voz de Galicia", entre outras sobre todo pola manipulaçom sistemática de toda informaçom referida à Palnta de Gás de REGANOSA. Por sorte somos quem de "catalizar" e sabemos "processar" a informaçom que nos chega por todos os medios, sejam de fiar ou nom, por isso estamos desejando que nos digas onde se nos colou a informaçom enganosa, em que linha, em que parágrafo, em que palavra... porque damos-lhe voltas e nom a vemos por ningures.

Sería interessante umha autocrítica pola tua banda por nom ter enviado em tempo e forma umha "informaçom veráz" do acontecido perante a Manifestaçom do passado 1 de Agosto, sobre todo se consideras que os medios convencionais "rara vez din a verdade, e sempre serben aos intereses do capital e partidos políticos".

Saúde e Liberdade !

Inácio

Responsável da redacçom e administraçom do Blog do Colectivo Ártabra 21

Víctor Manuel Fuentes Viaño delete agosto 04, 2009 1:38 p.m.

Querido Ignacio!

Non cuestiono a vosa experiencia, nin que polo xeral as cousas son como ben dis, máis creo que o caso concreto que eu denuncio, nun ton polo menos no primiero comentario deste blog, moi cordial, "Rogolle . . . " e para nada acusador "....pode levar a sen querer . . .", se meteu ao meu entender, a pata.

Non aporto información sobre a mani, porque son as organizacións convocantes e os responsables dese cometido, ás que deben trasmitir esa información. Se loitamos na mesma trincheira, ámbolos dous temos que se permeables ás críticas, ou suxestións. Na trincheira que eu loito, falamos as cousas e consensuamos a información que desexamos transmitir sobre os actos que nos organizamos.

A Información máis fiable para calquera cidadán ou colectivo da Rede Galiza Non se Vende, ofreceuna Salvemos Monteferro na web de Galiza Non se Vende.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon