xoves, outubro 01, 2009

Consumo Responsable: debates, mercado transparente e mercadiño de troco na festa de Amarante, en Pontevedra o 3 de Outubro de 2009

Tags



Como non podía ser doutro xeito a festa da Soligariedade vai ter unha programación ampla adicada ao consumo responsable.

Para abrir boca ás 12,00 horas mesa redonda sobre o consumo responsable coa participación de:
  • Víctor Barro. Responsable de consumo de Amarante.
  • Diego Alonso. Xerente da Coop. Consumo Arbore.
  • Un/ha representante de Verdegaia.
  • Lidia Senra. Membro de Vía Campesiña polo SLG.
Mercado Transparente

Produtoras do País e Comercio Xusto do Sur atoparanse no mercado transparente que se organizará de 12,00 a 14,00 horas no espazo da festa.

O mercado transparente é un xeito de achegar ao consumidor/a unha realidade moi diferente entre o prezo que reciben os e as labregas e o prezo final que pagan os e as consumidoras.

Estarán no mercado produtoras de fresco da comarca de Pontevedra, Ramón, Edgar e Xacobe, a productora ecolóxica de cosméticos Fica Ria, ...,  e coma non o comercio xusto importado por Amarante ( Panela, Marmeladas, Cacao e agora as novas limas de café etiquetadas en galego e distribuídas por Amarante).

Mercadiño de Troco

O mellor xeito de consumir responsablemente é reducir o consumo. Trocar é unha boa forma de facelo ademais de servir para crear espazos de encontro de consumidoras responsable. Así de 12,00 a 14,00 horas organizaremos entre todas un mercadiño de troco. Para poder levar a cabo o mercadiño só hai que pensar, buscar, falar e sobre todo trocar.

Como organizar o mercadiño de troco?
  • Paso 1.- Durante esta semana cada unha de  nós rebuscará nos armarios, trasteiros ou faiados, caixas e altos de toda a casa. No proceso de buscar atoparemos case con toda seguridade dúas ou tres cousas que xamais utilizamos e que seguen a estar en bo estado. Exemplo: unha lámpada de mesa ou un abrigo para nos protexer do frío.

  • Paso 2.- Unha vez que teñamos identificadas esas cousas sen uso porémolas nun lugar á vista á espera de ser levadas á festa de Amarante o sábado día 3 de Outubro.

  • Paso 3.-  Para que todo o mundo se faga unha idea do que poderemos atopar no mercadiño iremos subindo en comentarios na nova do blog (www.amaranteong.org/soligariedade ) que obxectos estamos atopando nas nosas casas.

  • Paso 4.- O sábado antes da saír, recolleremos os obxectos con potencialidade de seren trocados e encamiñámonos cara a Praza do Teucro.

  • Paso 5.- No espazo habilitado para o Troco colocaremos os nosos obxectos e a partir de aí xa só nos queda falar coas demais, buscar entre os obxectos, trocar se queremos, ceder se queremos e sobre todo establecer novas e diferentes relacións e darlle unha nova vida a aquelo que pensabamos que estaba morto.
Anímate a trocar na festa de Amarante! Dálle as costas ó consumismo e reutiliza o que outras non queren!


MEDOMEDÁ NA FESTA DE AMARANTE

Rock bravú para sustituir a rock bravú. Medomedá é unha banda que esta pegando forte cun tono “retranqueiro” coma é o país.

Podedes escoitar o seu tema “Quero ver como te ris” en http://www.youtube.com/watch?v=7g9PFZc8WOU

Agradecer a Ruxe Ruxe que ata o último momento intentaron estar na festa de Amarante, pero que un impedimento técnico non o permitiu finalmente. segue a festa en www.amaranteong.org/soligariedade.

Fernada Couñago Otero
Directora
Asociación Galega AMARANTE Setem para o Ecodesenvolvemento
soliGariedade
Avenida Romero Donallo, 19
15706 COMPOSTELA
www.amaranteong.org
www.comercioxusto.com


Enviado por:
Amarante Central
-amarante@amaranteong.org-
30 de setembro de 2009 19:22

__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon