domingo, setembro 27, 2009

Crónica dunha importante rolda de prensa en Madrid contra o golpe de estado en Honduras

Tags


Honduras: A Mesa Redonda de onte en Madrid
Crónica do noso compañeiro José Torregrosa, desde Madrid

Por J.Torregrosa
27.09.2009


O acto de onte no Belas Artes, multitudinario, fixo que a sala se desbordase completamente de presenza tanto española como hondureña. Presentou o acto CARLOS BERZOSA, Reitor da Universidade Complutense de Madrid, que fixo unha análise da hora actual de América e do que, en realidade, estase ventilando en Honduras, unha vez máis o empeño dunha oligarquía insaciable de manter os seus privilexios. Falou tamén de que estoutro "eixo do mal" inténtallenos presentar como unha realidade normal e respaldable que non pon en perigo a legalidade internacional: como sempre só existiría unha América, a do Norte.


Interveu logo ISAAC ROSA, de PUBLICO, que falou da manipulación informativa que non presenta un golpe de estado como tal senón como un episodio sen maior importancia, cando están producíndose atropelos diarios dos dereitos humanos: asasinatos, detencións arbitrarias, desaparicións ... O gran crime de Zelaya estaría en pretender levar a cabo unha mera consulta popular sobre unha reforma constitucional, cousa que esa ducia de familias que gobernan Honduras non están dispostas a consentir para continuar oprimindo a un pobo, maiormente campesiño, ao que se pretende manter baixo a bota. Unha vez máis, insístese no de "intentos de perpetuarse no poder", unha consigna do Gran Capital que se converte nun "vale todo" para intentar acalar a voz do Pobo. A opinión internacional detectou xa a farsa sanguenta desas manobras de presentar aos golpistas como interlocutores lexítimos dunha situación de rebelión, cuxos responsables deberán render contas nos tribunais. Tampouco se cre que as eleccións a celebrar reúnan as mínimas garantías. Hoxe, con Zelaya na embaixada de Brasil, os feitos precipítanse e trátase de non permitir que acabe nun baño de sangue.

Os representantes hondureños deron as grazas a España polo apoio que veñen recibindo, insistindo en que non se trata de zelayistas e antizelayistas, senón dunha ampla fronte democrática para devolverlle a dignidade a un país que aspira a seguir loitando polos seus dereitos.. Tamén solicitaron apoio dos países democráticos. Hai unha conta no BANCO POPULAR ESPAÑOL de axuda a Honduras e a súa Fronte Nacional contra o Golpe, 0075-0128-860600566442.

O vindeiro luns, convocouse a todos para un concentración ante a embaixada de Honduras.

Pechouse o acto cun interesante coloquio.

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
27 de setembro de 2009 12:57

www.fucobuxan.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon