A celebrar os días 21, 22 e 23 de decembro no Ateneo Ferrolán.
Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Admítense curtametraxes de ficción, de animación, ...
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Ateneo Ferrolán
Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-bettinakorten@freenet.de-
9 de setembro de 2009 19:57
_________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, setembro 10, 2009
IX Xornadas "Mostra de Curtametraxes"
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, setembro 10, 2009
Tags
Artigos relacionados
- Xoves día 24 de marzo de 2022 ás 19,30 h.Recepción do patrimonio do Ateneo Ferrolán
- Martes de Cine 2022 no Ateneo FerrolánCiclo: "Guerras"Marzo e Abril 2022 Todos os marte
- Exposición de esculturas de Manuel Angel Méndez Bellón: "Reflexións metálicas" Do 1
- Venres día 14 de febreiro ás 19 h. no #AteneoFerrolán Presentación do libro "Homenxa a
- XIII Semana Poesía Salvaxe no Ateneo o xoves 22 de abril de 2021 Estarán no Ateneo Ferr
- MARTES de CINE Ciclo “Cine Feito Por Mulleres” ás 19 h. Martes día 2 de novembro: “Cu
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon