martes, setembro 22, 2009

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza apoia a Concentración de Madrid, do vindeiro Sábado 26 de Setembro: "Polos nosos dereitos, Lei de Aborto sen recortes"

Autobuses para a Concentración-Festa que se convoca a nivel estatal polo colectivo "Mulleres ante o Congreso" que promoveron un Manifesto Feminista ante a nova regulamentación do Aborto na Lexislación Estatal


[Clicar acima da Imaxe para ampliar o cartaz]

Baixo o lema "POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES" está convocada unha Concentración-Festa en Madrid o 26 de Setembro!! Este acto que terá lugar entre as 18:00 e as 21:00 horas na Praza do "Museo Reina Sofía", en Madrid, consistirá nunha concentración, logo haberá: teatro, perfomances e outras actividades informativas, comunicativas e lúdicas.


Visualizar o mapa ampliado

"Mulleres ante o congreso", é  a plataforma estatal apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza que convoca á concentración-festa de Madrid baixo o lema: "Polos nosos dereitos, Lei de Aborto sen recortes". Aínda que o manifesto xa se presentou no Congreso dos Deputados o día 11 de marzo de 2009, nesta concentración lerase o Manifesto Feminista ante a nova regulamentación do Aborto na Lexislación Estatal, un Manifesto asinado por case 100 organizacións e colectivos a nivel Estatal, un Manifesto pola despenalización do aborto voluntario e polo recoñecemento do pleno dereito a decidir das mulleres, incluíndo as mozas.

As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para Outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir aínda máis a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai aínda máis urxente que quen defendemos o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.

Mulleres ante o Congreso:
!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do día 26 de setembro organizando AUTOBUSES -a un coste de 10€- que sairán na mañá do sábado 26 desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense -segundo demanda- e regresarán á medianoite. !!!

Para quen desde Madrid se achegue a esta información na rede, dicer que hai convocados outros actos, mesmo hoxe, martes, 22 de Setembro, terá lugar unha proxección de "Historia dun segredo", de Mariana Otero, ás 19,30 h, en PATIO MARABILLAS, rúa Acordo 8, MADRID.

Para inscribirse contactar con Luz no 679 840 679. Por favor deixar nome, localidade e telefono no contestador.


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
22 de setembro de 2009 10:02
http://lupeces.blogspot.com/
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon