Xoán Xosé Pita considera triste que se empreguen policías municipais como administrativos e se contrate vixilancia privada.
Ferrol a 17 de setembro de 2009.
O grupo Municipal do BNG reiterou esta mañá a súa oposición a decisión do goberno municipal de privatizar o servizo de vixilancia das instalacións municipais e censurou o excesivo afán privatizador que esta a desenvolver o goberno de Irisarri.
Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, considera inxustificada esta medida xa que indicou que o Concello ten persoal que pode atender este servizo, “é triste ver como se empregan policías municipais como administrativos e se contratan a empresas de vixilancia privada”.
O BNG lamenta que o goberno municipal desbote a posibilidade de cubrir con persoal propio este servizo apostando, deste modo, pola estabilidade e calidade do emprego e opte pola contratación externa.
Xoán Xosé Pita afirmou que este persoal vai asumir funcións de vixilancia e actuarán tamén como conserxes o que evidentemente significa a desaparición deste persoal do plantel municipal. Fronte a esta decisión existe a posibilidade de que policías en segunda ocupación cubran este servizo e asi se podería renovar o plantel de policías locais, dixo Pita
O BNG lembra que foi o único grupo municipal que nas sesións plenarias oportunas votou en contra da Proposta de aprobación da declaración de crédito plurianual e autorización presupostaria da contratación administrativa correspondente aos servizos de vixilancia nas dependencias municipais por entender que o Concello de Ferrol ten os mecanismos suficientes para cubrir estes servizos sen ter que privatizar a súa xestión e indicou que ao contrario dos pregos de contratación do servizo de control do persoal municipal (levado onte a pleno) os de vixilancia non foron levados a pleno senón que foron aprobados exclusivamente pola Comisión de Goberno.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
17 de setembro de 2009 14:09
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon