venres, setembro 18, 2009

Segunda Limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos



O 27 de Setembro de 2009, podes contribuir a limpar os ríos

  • TES UNHAS BOTAS NA CASA?
  • LIMPEZA SIMULTÁNEA DOS RÍOS GALEGOS
  • Na nosa comarca en: Esmelle-Ferrol, Fene e San Sadurniño
Despois do éxito da primeira xornada de limpeza simultánea en ríos do ano pasado, repítese a experiencia o vindeiro domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Sobor de todo plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsables cara o medio natural e depende de tod@s frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta.

http://www.proxectorios.org/

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono d@ coordenador ou coordenadora de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Na nosa comarca será en:
  • ESMELLE-FERROL: ADEGA-Ferrol, contacta con : Nes 649 779 774

  • FENE: AETNA Asociación etnográfica, contacta con: César 649243611

  • SAN SADURNIÑO: Concellería de Medio Ambiente, contacta con: Fernando 981490027
Máis información en: proxectorios.org
e tamén en ADEGA Trasancos
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon