xoves, setembro 17, 2009

Tags

  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A IMPROVISACIÓN E O AUTORITARISMO DA ALCALDÍA
  • EU  CONSIDERA INACEPTABLE QUE OS PLENOS SE IMPOÑAN CON 24 HORAS DE ANTELACIÓN E SEN TER EN CONTA OS HORARIOS DE TRABALLO DAS E DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN
  • ESQUERDA UNIDA RECLAMA PLANIFICACIÓN E DIÁLOGO PARA SALVAGARDAR A BOA MARCHA DAS INSTITUCIÓNS MUNICIPAIS
O  Grupo Municipal de Esquerda Unida  non asistiu hoxe o Pleno da Corporación do concello de Ferrol, Pleno convocado e do que fomos informados con menos de 24 horas de antelación. Pleno cuxo horario resulta imposible para que poidan asistir as e os concelleiros  dos Grupos Municipais da oposición.  

As actitudes do Goberno Municipal, en particular de Alcaldía, semellan vir tinguidas de improvisación e autoritarismo, todo o contrario do que necesita a nosa cidadanía e unha política democrática e propiciadora da meirande participación.

A  Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reclama planificación e diálogo para salvagardar o bo funcionamento, o funcionamento democrático e participativo, das institucións municipais.

Quizabes o Goberno Municipal ignora a realidade  das e dos concelleiros da oposición, que teñen que compatibilizar os horarios de traballo e os adicados ao traballo municipal. Quizabes quere practicar un xogo pouco transparente e respectuoso cos representantes lexítimos da cidadanía de Ferrol, da maioría deles alomenos. Semella indignante que se queiran soster trágalas de cote, sen outro rédito que enfrontar inutilmente as forzas políticas da nosa cidade en detrimento dos intereses da nosa cidadanía.

Esquerda Unida fai un chamamento ao Goberno Municipal para que rectifique a xeira de imposicións, autoritarismo e improvisación. A nosa cidade e a súa cidadanía  é merecente  doutra actitude por parte de que exerce a responsabilidade de goberno.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
16 de setembro de 2009 16:25


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións de EU en relación coa imprevisión e autoritariasmo de alcaldía.
Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon