Ferrol 19 de setembro de 2009. O grupo Municipal do BNG no concello de Ferrol rexistrou unha moción para esixir que o Pleno inste ao Alcalde e ao resto de concelleiros e concelleiras ao cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística, e a dar exemplo cívico no compromiso coas normas legais a prol da língua galega, adoptando unha actitude firme de defensa da mesma.
Elia Rico, concelleira do BNG, advertiu que estamos asistindo a unha excesiva relaxación por parte dos membros do goberno local à hora de velar polo cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística e a súa aplicación no conxunto de iniciativas impulsadas ou subvencionadas polo Concello de Ferrol.
A edil do BNG considera que o Goberno Local ten a obriga de impulsar o proceso de normalización de usos da língua galega. Para a concelleira nacionalista o sucedido esta semana coa campaña “econducción” é a pinga que fai rebosar un vaso cheo de continuos incumprimentos da Ordenanza Municipal de Normalización lingüística.
O grupo municipal do BNG quer tamén que o Pleno manifeste o seu compromiso coa extensión social do uso do galego e a recuperción de ámbitos e usos para o mesmo, tanto no ámbito cidadán como da administración e entidades dependentes do concello.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
21 de setembro de 2009 10:01
______________________
Baixa dos Arquivos Ártabros o texto da moción, en formato -pdf-
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon