xoves, setembro 10, 2009

Posición de Esquerda Unida en relación cos atrasos no que afecta á solución dos Corrais e sobre a rehabilitación do Ateneo Ferrolán

Tags


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 9 de setembro  de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA   CELEBRA   OS AVANCES PARA FACER REALIDADE A   REHABILITACIÓN DO ATENEO EN CUMPRIMENTO DO ACORDADO ENTRE O PSOE E EU
  • ESQUERDA UNIDA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A  FACER EFECTIVOS OS DEMÁIS COMPROMISOS  RECOLLIDOS NO ACORDO ORZAMENTARIO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida felicítase dos avances conqueridos para facer realidade a rehabilitación dun espazo social e cultural senlleiro da nosa cidade, o Ateneo. Na Comisión Informativa de Urbanismo de hoxe  achegouse a información polo Goberno da licitación das obras de rehabilitación do Ateneo neste 2009 por un importe superior ao millón de euros.

O compromiso para dotar orzamentariamente unha partida para atender a rehabilitación do Ateneo  foi un dos puntos do acordo que Esquerda Unida achegou   á negociación co Goberno. A nosa organización saúda que neste punto se produzan pasos adiante que garantan o cumprimento do acordado e supoñan unha realidade para unha entidade chave na vida social e cultural da nosa cidade.

As necesidades do Ateneo son ben coñecidas, arrástranse dende hai demasiado tempo e son merecentes dunha acción da importancia da prevista nesta acción rehabilitadora.  Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que asuma cun especial coidado o seguimento e execución desta obra, dada a relevancia e significación que o Ateneo ten para Ferrol.  

A nosa organización aproveita para facer notar a importancia do cumprimento dos acordos, porque istes van supor un paso adiante decisivo para mellorar a nosa cidade, para conquerir unha cidade máis nosa e amable.
  • O GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA  RECLAMA NA COMISIÓN DE URBANISMO DE HOXE QUE SE ACOMETA CON   URXENCIA OS TRABALLOS PENDENTES PARA EVITAR NOVAS  INUNDACIÓNS NOS CORRAIS
  • ESQUERDA UNIDA ALERTA DOS RISCOS DE  QUE SE REPITAN AS  INUNDACIÓNS AO ACHEGARSE O PERÍODO OUTONAL
  • JAVIER GALÁN INSTA AO GOBERNO A ACELERAR OS RITMOS E GARANTIR A SEGURIDADE DAS E DOS VECIÑOS
O Grupo Municipal de Esquerda Unida achegou na Comisión Informativa de Urbanismo celebrada hoxe, mércores, 9 de setembro, a urxencia de acometer os traballos previos que fagan posible  evitar novas inundacións nos Corrais. Javier Galán, representantes de EU na Comisión, manifestou o risco   - diante do atraso nos traballos previos  - de que neste período de outono-inverno se poidan reproducir as inundacións na zona dos Corrais.

Esquerda Unida lamenta a falla de ritmo, a falla de dilixencia, para  avanzar no proceso das expropiacións necesario para cometer o proxecto de obra. Esquerda Unida reclama que fronte os traballos de papel e os anuncios de fume, o Goberno Municipal faga certa a tan famosa velocidade de cruceiro para arranxar os problemas reais da veciñanza, neste caso unha tan castigada como a dos Corrais.

Van dous anos de mandato municipal, tempo máis que suficiente para ter rematado o proceso expropiatorio. O noso Grupo Municipal demanda que o Goberno aplique toda a súa efectividade e algunha máis  para rematar coas expropiacións e desenvolver entón a obra, única garantía certa para evitar  que se poidan  repetir as inundacións e deste xeito se salvagarde a vida e propiedades das e dos veciños dos Corrais.


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
9 de setembro de 2009 15:04


Prezad@s amig@s: vanvos dous Informacións do Grupo Municipal de EU en relación cos atrasos no que afecta a solución dos Corrais e sobre os progresos, en cumprimento do acordo PSOE-EU, para rehabilitar o Ateneo.
Grazas pola atención. Saúdos, Ramiro Marier

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon