O 27 de maio de 2005 o Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias da Comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas declarou arbitraria a detención de Antonio Guerreiro, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González e instou ao Goberno de Estados Unidos a adoptar de inmediato as medidas necesarias para solucionar esta situación.
O Grupo adoptou tal decisión como resultado da solicitude que lle fixeseron familiares dos cinco cubanos e logo de avaliar os argumentos proporcionados tanto polos familiares como polo Goberno dos Estados Unidos.
Segundo consta na decisión, os argumentos en que se baseou o Grupo de Detencións Arbitrarias para arribar a devandita conclusión resúmense en: Entrar
Enlaces de interese:
Enlace co video:
http://www.youtube.com/watch?v=98VgKYRSrVA
Enviado por:
Cuba Debate
http://www.cubadebate.cu
Medio de información alternativa que alerta sobre campañas de difamación contra Cuba. Publica noticias e análises cun tratamento obxectivo dos feitos. Mostra os intereses que o poder global oculta para manter os seus privilexios.
__________
A HISTORIA NON CONTADA DOS CINCO X: UN INSULTO Á HUMANIDADE
Por Ricardo Alarcón de Quesada
18.09.2009
O 6 de marzo de 2009 doce documentos de Amigos da Corte (Amicus Briefs) foron presentados en apoio á petición de revisión dos Cinco. Ese foi o maior número de documentos deste tipo que inste xamais á Corte Suprema a que revisase un caso criminal.
Oito dos documentos foron presentados por institucións ou persoas en Estados Unidos: a Asociación Nacional de Avogados Defensores Criminalistas; a Asociación de Avogados Defensores Criminalistas da Florida, Capítulo de Miami; o Proxecto Nacional de Xurados; o Gremio Nacional de Avogados e a Conferencia Nacional de Avogados Negros; o Instituto William C. Velásquez e a Asociación Política Mexicano-Americana; a Clínica de Dereitos Civís da Facultade de Dereito da Universidade Howard; o Centro para a Política Internacional e o Consello de Asuntos Hemisféricos; e un amicus presentado polos Profesores Nelson P. Valdés, Guillermo Grenier, Félix Masud-Piloto, José A. Cobas, Lourdes Arguelles, Rubén G. Rumbaut e Louis Pérez, distinguidos académicos cubano-americanos, autores dalgúns dos máis importantes libros sobre a emigración cubana a Estados Unidos.
O apoio de todo o mundo foi realmente impresionante:
Un amicus foi presentado por dez Premios Nobel: José Ramos-Horta (Presidente da República de Timor Leste), Wole Soyinka, Adolfo Pérez Esqivel, Nadine Gordimer, Rigoberta Menchú, José Saramago, Zhores Alferov, Darío Fo, Günter Grass e Máiread Corrigan Maguire.
Outro, por unha cifra marca de lexisladores de todos os recunchos do planeta: foi subscrito polo Senado de México e a Asemblea Nacional de Panamá en pleno, en ambos os casos discutido e decidido por unanimidade. Tamén por Mary Robinson, ex Presidenta de Irlanda e ex Alta Comisionada para os Dereitos Humanos de Nacións Unidas; por decenas de membros de todos os grupos políticos do Parlamento Europeo, incluíndo tres actuais Vicepresidentes e dous ex Presidentes e centos de parlamentarios de Brasil, Bélxica, Chile, Alemaña, Irlanda, Xapón, México, Escocia e o Reino Unido.
Este documento agregaba chamamentos similares doutros Premios Nobel, o Arcebispo Desmond Tutu e Harol Pinter, e do Consello de Igrexas de América Latina, a Conferencia Permanente de Partidos Políticos de América latina e o Caribe, o Parlamento Latinoamericano, así como os outros órganos lexislativos rexionais e resolucións específicas de apoio aprobadas polos parlamentos nacionais de Namibia, Mali, Rusia, México, Brasil, Bolivia, Venezuela, Perú, Irlanda, Suíza e Bélxica, entre moitos outros.
Dous documentos separados foron presentados por un amplo espectro de organizacións de avogados e de personalidades:
Un foi presentado pola Federación Iberoamericana do Ombudsman, a Orde de Avogados de Brasil (con 700 000 membros), Asociacións de avogados de Bélxica, a Asociación de Avogados de Berlín e outras asociacións alemás, a Federación Internacional de Dereitos Humanos e un grupo de organizacións relixiosas, legais e de dereitos humanos, profesores de dereito, e avogados de Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, Alemaña, Xapón, México, Panamá, Portugal, España e o Reino Unido. Entre as personalidades que asinaron estaban Federico Maior Zaragoza, ex Director Xeneral da UNESCO e o Xuíz Juan Guzmán Tapia de Chile.
O outro amicus foi presentado pola Asociación Internacional de Avogados Demócratas; a Asociación Americana de Xuristas, a Asociación de Avogados da India, Droit Solidarité, a Sociedade Haldane e outras organizacións legais de Italia, Xapón, Filipinas, Portugal e Bélxica.
Un grupo de avogados norteamericanos ofrecéronse voluntarios para preparar eses documentos (como o require a lei) consultando e coordinando coas moitas persoas involucradas e presentando os documentos en tempo e co debido respecto aos parámetros técnicos e doutro tipo que a Corte estableceu. Cada individuo ou institución que presentaba un amicus tiña que identificarse con datos específicos, asinar persoalmente e pagar. De conformidade coa Regra 37.6 da Corte "ningún dos avogados de ningunha das partes redactou este documento nin total nin parcialmente. Ningún avogado ou entidade, a non ser os amigos da corte ou os seus avogados, realizou contribución monetaria algunha coa intención de financiar a elaboración ou presentación deste documento".
Foi un inmenso traballo polo cal moitas persoas merecen ser recoñecidas. Todos os documentos, xunto cunha lista completa dos amigos da corte poden atoparse no blog SCOTUS (www.scotusblog.com) e en www.antiterroristas.cu.
Nunca saberemos que foi o que os maxistrados ou os seus asistentes pensaron, se é que o fixeron, acerca destes documentos. Ninguén sabe se eles sequera botáronlles unha ollada. Os amigos da corte non recibiron ningunha resposta nin comentario, nin sequera un acuse de recibo dun asistente.
Ninguén sabe tampouco como se pronunciaron os maxistrados en relación coa solicitude de revisión. Soamente coñecemos o 14 de xuño que a petición dos Cinco fora rexeitada xunto coas outras peticións que a Corte decidira non escoitar.
Un famoso poeta mexicano unha vez definiu a actitude imperial de Estados Unidos coa combinación de dúas palabras: arrogancia e ignorancia. Ao parecer a Corte é a suprema personificación de ambas.
Fonte: antiterroristas.cu
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon