- ESQUERDA UNIDA PRESENTA HOXE A CAMPAÑA LOCAL CONTRA A CRISE CUN ACTO PÚBLICO NO TORRENTE
- UN PLAN DE EMPREGO ALTERNATIVO, A ESTENSIÓN DA PROTECCIÓN SOCIAL E UNHA REFORMA FISCAL XUSTA E PROGRESIVA, EIXOS DA PROPOSTA ALTERNATIVA DE ESQUERDA UNIDA
- ESQUERDA UNIDA DESENVOLVERÁ ESTE TRIMESTE UNHA SERIE DE INICIATIVAS PARA COADXUVAR A ARTELLAR O TECIDO SOCIAL CRÍTICO E ACUMULAR FORZAS PARA ORGANIZAR A MOBILIZACIÓN SOCIAL
Rebeldía e esperanza baseadas na posibilidade de desenvolver outra política económica, de emprego e fiscal, confrontada coas política neoliberais que nos conduciron a meirande crise dende os anos trinta.
A nosa organización vai presentar un conxunto de medidas para atender os aspectos económicos, de emprego e de fiscalidade necesarios para acadar unha saída social e democrática á crise, para que no la paguen, como sempre, as e os traballadores.
A nosa organización tamén vai traballar neste trimestre para coadxuvar a artellar o tecido social crítico da nosa localidade para, de xeito colectivo, xerar rebeldía e esperanza para facer realidade as demandas e arelas da maioría social traballadora do noso país.
A mobilización semella indispensable para – na ecuación necesaria que vai da man da proposta alternativa - fornecer á clase traballadora e, xa que logo, acadar un novo modelo produtivo que deixe de xirar sobre os baixos salarios, a precariedade e a produción de baixo valor engadido. Esquerda Unida ten unha proposta global e alternativa para producir un cambio de modelo produtivo e , xa que logo, un cambio na realidade social favorable, neste caso, as clases traballadoras e populares.
Ferrol, 20 de outubro de 2009
Consello Local de Esquerda Unida
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de outubro de 2009 19:53
Boa tarde amig@s: no arquivo vaivos a información do comezo da campaña contra a crise que vai desenvolver o Consello Local de Esquerda Unida no vindeiro trimestre. Grazas polo voso interese. Recibide unha aperta.
Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon