luns, outubro 19, 2009

Esquerda Unida diante da situación no CEIP Manuel Masdías de Caranza


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE COAS DEMANDAS DO PROFESORADO E DAS NAIS E PAIS DO CEIP MANUEL MASDÍAS
  • ESQUERDA UNIDA ESIXE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN QUE SE ATENDAN PRONTA E AFIRMATIVAMENTE AS DEMANDAS ACHEGADAS POLO CENTRO ESCOLAR DE CARANZA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere manifestar a súa solidariedade e o seu respaldo as demandas presentadas polo profesorado e as nais e pais do CEIP Manuel Masdías, en orde a acadar o profesorado de apoio necesario para garantir a adecuada integración do alumnado con necesidades educativas especiais, que estuda no centro de Caranza.

No día de hoxe unha delegación do centro achegou ao Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Vilariño, trala marcha que levou ao alumnado do centro dende as súas instalacións ao edificio da Xunta. O Concelleiro Javier Galán, membro do Consello Escolar, en representación do concello de Ferrol, participou tanto na marcha canto na delegación que lle entregou a petición ao Delegado Territorial da Xunta.

Javier Galán incidiu na necesidade de que o Delegado acollera con atención as demandas do centro, sendo como é bon coñecedor da súa xusteza e do moito tempo longo que levan sendo reclamadas. Pedíulle tamén que fixera todo o posible diante da Xunta para que a resposta sexa pronta e afirmativa as necesidades educativas do centro.

As necesidades que corearon os manifestantes son as que melloran a calidade do ensino facendo que sexa efectiva e real a integración ou quede en papel mollado. A composición do alumnado require que lonxe de reducirlle en medio profesor o apoio educativo, se proceda a incrementalo de inmediato para garantir a integración.

O noso Grupo Municipal esíxelle, xa que logo, á Consellaría de Educación da Xunta que se comprometa a atender as demandas educativas reclamadas con insistencia e tesón polo centro, demandas que somentes serven para mellorar a calidade do ensino público.

Javier Galán anunciou a determinación de Esquerda Unida de facer un seguimento da actuación da Xunta e no entanto a súa asistencia á xuntanza que terá mañá pola tarde a comunidade educativa do CEIP para avaliar a situación.

Grupo Municipal

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de outubro de 2009 15:24


Estimad@s amig@s: vaivos un segundo Informacións en relación coa situación no CEIP Manuel Masdías de Caranza e as reclamacións formuladas polo noso Grupo Municipal encol de conquerir o profesorado necesario para atender ás necesidades educativas especiais do seu alumnado. Grazas pola vosa atención. Saúdos,Ramiro Marier
_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon