- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A REMODELACIÓN DO MERCADO DE CARANZA
- ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE NON SE PODE ADIAR MÁIS NO TEMPO O ARRANXO DAS DEFICIENCIAS DO CENTRO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que acometa a remodelación inmediata do mercado de Caranza, que presenta un crecente e inaceptable deterioro.
A nosa organización vén mantendo un seguimento da situación do centro que nos levou a incorporar no documento de acordo orzamentario co Goberno Municipal unha cláusula que recollía en particular a necesidade de acometer a remodelación e arranxo das deficiencias do devandito espazo.
Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, expresou a necesidade e urxencia de acometer a devandita remodelación, adiada unha e outra vez, para adecuar o centro as necesidades e esixencias da veciñanza de Caranza.
Urximos outra vez máis ao Goberno Municipal a que poña en execución os acordos asinados entre o Goberno e Esquerda Unida. En concreto, a nosa organización achegou nese acordo orzamentario que se financiaría a operación da remodelación do mercado con cargo aos cretos non utilizados do préstamos subscrito polo concello polo importe de 4,8 millóns de euros.
Esquerda Unida está certa que sera ben para a veciñanza de Caranza contar neste ano coa remodelación do mercado que poña fin a anos de deterioro e proxectos nunca realizados.
Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:13
Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións do Grupo Municipal de Esquerda
Unida demandando a remodelación do mercado de Caranza
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon