- O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SÚA ADHESIÓN Á SEMANA GALEGA DE MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA
- ESQUERDA UNIDA VAI PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN ORGANIZADA POLA REDE SOCIAL FERROLTERRA E ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE
- A NOSA ORGANIZACIÓN SUBLIÑA A INCOMPATIBILIDADE DA POBREZA CO EXERCICIO DOS DEREITOS DEMOCRÁTICOS
A nosa organización considera necesario e inaprazable acadar un pacto galego que permita que a nosa sociedade sexa quen de cumprir os obxectivos de mínimos recollidos e ampliamente incumpridos da chamada Ronda do Milenio.
Esquerda Unida considera inaceptable que nas nosas sociedades se manteñan bolsas de pobreza e exclusión social que ameazan a preto do 20% da nosa cidadanía sen que os poderes público fagan nada para coutar o déficit social de 7 puntos do PIB que temos co gasto social coa Unión Europea.
A nosa organización subliña o carácter de incompatibilidade que supón a pobreza para o exercicio dos dereitos democráticos recollidos na Constitución e o Estatuto. Todos os esforzos sociais e políticos dirixidos a rematar coa pobreza semellan valiosos de seu e merecentes de que a nosa organización traballe arreo e en colectivo coas entidades da Rede para acadar ese obxectivo.
Ferrol, 14 de outubro de 2009
Consello Local de EU Ferrol
Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:27
Estimad@s amig@s: vai no arquivo unha nota do Consello Local de EU Ferrol en relación coa semana de mobilizacións contra a pobreza.
Recibide un saúdo.
Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon