sábado, outubro 17, 2009

Este Sábado 17 de Outubro sintoniza o programa radiofónico "O Recuncho", de Fuco Buxán, no 93.9 da FM en Rádio Filispim


O sábado 17 de Outubro, de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 FM) novo espazo de “O Recuncho”, o programa da asociación cultural “Fuco Buxán”.

 No programa nº 18 trataremos os seguintes contidos:

  • Especial golpe de estado en Honduras: Teremos no Recuncho as verbas de Erasto Reyes, sindicalista, avogado e dirixente da fronte nacional contra o golpe de estado en Honduras, o cal estará o venres 16 de Outubro, ás 18.30 na galería Sargadelos.

    Tamén falaremos vía telefónica, directamente dende Honduras a María Castro, ferrolana que leva traballando dous anos en Honduras e que está a vivir dende o comezo o gole de estado.
  • Unha treintena de mestres pasaron dous días nas instalacións da escola de idiomas de Ferrol, en protesta polos recortes de plantilla previstas pola concellería de educación. Falaremos en directo con María Vilaverde, voceira dos mestres da escola de idiomas as reivindicacións.
  • O sábado 17, mentres se emite O Recuncho hai convocada a manifestación en Vigo de " Pobreza Cero". Falaremos en directo con Nuria Fernández, a cal é integrante da Rede Social Ferrolterra, a cal organizou os actos da campaña en Ferrol, falaremos con ela  dende a mesma manifestación.
  • Un programa máis, o espazo de Iago Montes: "Os menoss media" e comezaremos un novo espazo levado por José Torregrosa, director da revista de Fuco Buxán chamado "O despertar da razón".
No apartado poético: Antonio Machado

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho
--
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

Podes escoitar a repetición dos programas os domingos de 19 a 21 horas e os mércores de 15 a 17 horas ou na nosa web:

www.recunchofuco.blogspot.com


fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de outubro de 2009 09:57

_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon