sábado, outubro 17, 2009

Este Sábado 17 de Outubro, limpeza dos fondos mariños no peirao de Ferrol

Limpeza de fondos mariños na Ria de Ferrol.

A asocación  Asoar-Armega(Asociación de Armadores de Artes Menores de Galiza) xunto con CEMMA, Club do Mar  diversas asociacións de mergulladores e coa colaboración de outros colectivos (SGHN, ADEGA, Greenpeace), concello de Ferrol e persoas en xeral, organizan de novo unha xornada de limpeza de fondos mariños, nesta ocasión na ría de Ferrol, no peirao da vila. Hora de encontro 10 da mañá.

Información complementaria:
http://www.asoararmega.es/

O compañeiro Xesús de CEMMA-Ferrol, escribeu ao noso compañeiro Antonio de ADEGA sobre a "Limpeza Porto de Ferrol" que se ten previsto realizar na xornada de mañá Sábado 17 de Outubro e algúns detalles sobre a actividade a desenvolver:
    
"Convocamos á xente para mañán ás 9:30 no porto de Ferrol nas inmediacións do pantalán dende onde sae a lancha de Mugardos. Nós estaremos polo porto a esa hora así que cando vexas o coche da CEMMA acércate a nós para organizarnos e ver o que fai cada quen"·.
    
"É bo levar roupa que se poida manchar xa que te mollas e estás en contacto con fango e cousas desas. Tampouco estaría de máis levar unhas botas de auga. Seguramente se habiliten vestiarios para cambiarse polo que se recomenda que levedes unha muda limpa para despois, unha vez que se remate o traballo".
    
"A nosa función será axudar cos traballos de limpeza en terra e na recuperación da fauna que ven apegada aos obxectos que se recollan".


Informaciónm baseada na enviada por:
Antonio Gª -ADEGA-TRASANCOS
-angaji@yahoo.com-
-adegatrasancos@adega.info-
16 de outubro de 2009 19:18

_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon