O BNG traslada ao pleno a proposta de desestimación definitiva do proxecto de construción do Centro Deportivo, de Ocio e Saúde na Praza de Sartaña
Ferrol a 16 de outubro de 2009.
O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol rexistrou unha moción para proceder a desestimación definitiva do proxecto de construción do Centro Deportivo, e a licitación do proxecto de urbanización interior da Praza de Sartaña.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Xosé Pita, destacou que a intención do BNG levando ao pleno esta proposta é suplir a falla de xestión política do goberno de Irisarri. Asi mesmo indicou que os veciños e veciñas de Sartaña comezan a sentirse preocupados ante tanta demora en abordar esta cuestión.“O BNG está na corporación para tratar as cuestións que preocupan aos veciños lle gusten máis ou menos ao PSOE”.
O BNG aclara que con esta proposta ademais de solicitar a desestimación definitiva do proxecto de construción do Centro Deportivo, de Ocio e na praza de Sartaña se pretende que se redacte e licite o proxecto de execución de urbanización da area interior da praza de Sartaña, antes de que finalice o presente ano.
Xoán Xosé Pita considera que dous anos é tempo máis que suficiente para terlle dado carpetazo definitivo a un proxecto que formaba parte da relación de propostas a desenvolver nos 100 primeiros días do goberno de Irisarri. Asi mesmo, quer lembrar que para este proxecto, e froito da negociación co BNG, os orzamentos municipais para 2009 dispoñen dunha partida de 250.000 € destinada ao fin proposto na Moción.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
Documentación:
- Baixar dos Arquivos Ártabros o texto da Moción sobre a Praza Sartaña, en formato -pdf-
BNG
-bng@ferrol.es-
16 de outubro de 2009 14:02
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon