As boas e malas práticas xornalísticas a debate e votación
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol Terra, centralizou o seu acto en Fene cunha concentración na Praza do Ameneiral de Perlio
[Clicar acima da imaxe para entrar no carrusel de diapositivos - Feito por: Fuco Buxan A.C.]
Unha lembranza imprescindíbel
O Acto abriu-se coa lembranza a "Anita" [Ana Paz Rodríguez], cofundadora e activista da Marcha que finou o pasado mes de Outubro nun fatal accidente. "... hoxe estaría aquí neste acto como sempre con forza e alegría, ..", Anita estivo presente e presidindo o acto, representada por unha "flor do paraiso".
Os medios de comunicación deben comportar-se como unha ferramenta máis na loita contra a violencia machista
Moitas foron as persoas que se achegaron á concentración para participar nun acto singular: cunha cartolina vermella para as malas práticas xornalisticas e unha verde para as boas, votaron-se sobre unha treintena de noticias relacionadas coa violencia de xénero que voluntari@s leian. Nuns paineis penduraban-se as malas prácticas e noutro as boas práticas. Nalguns casos @s participantes non deixaban continuar a leitura da noticia erguendo a cartolina vermella nun acto reflexo para denunciar unha evidente mala práctica. Neste acto, moi participativo, reclamaron-se boas práticas xornalísticas e comportamentos acordes e comprometidos na loita contra a violencia de xénero, sendo esta unha ferreamenta máis para arrincar as raíces da violencia machista.
No acto aludíuse, por varias veces, á "Declaración de Compostela", un decálogo de principios aprobados por iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nunhas Xornadas organizadas no ano 2007.
Unha breve crónica
Lupe Ces foi a encargada de facer unha lembranza de Anita e de presentar o acto dando-lle entrada a xornalista María Xesús Arias Rei que nunha intervención chea de contido reivindicativo e denuncia, chamou a asumir a Declaración de Compostela, para unha boa prática xornalística: " ... Os medios de comunicación xogan en todo iso un papel decisivo, non só como garantes do dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz, tamén como fornecedores daqueles valores (igualdade, non discriminación por razóns de sexo, solidariedade coas vítimas…) que máis e mellor contribúan a conseguir eses obxectivos. ...". Paula López Brage e Loreto Primo, deron leitura aos compromisos e recomendacións para as boas práticas xornalísticas que se aprobaron nas Xornadas que sobre Medios de comunicación e violencia contra as mulleres que se desenvolveron no Instituto Galego da Información, convocados polo Observatorio Galego dos Medios (OM), creado ao amparo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). Bárbara Primo, que agradeceu a inestimábel colaboración da xornalista Belén Puñal, presentou e dirixeu o acto participativo onde se valoraron, coa votación, as noticias que @s voluntar@s ían lendo, onde se visibilizaron as malas e boas práticas dos medios de comunicación. Para rematar o acto Tereixa Pereiro e Anxela Lagoa deron leitura ao comunicado elaborado pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza co motivo do "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Anexos de importancia:
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
Enlaces de interese:
- Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
- Web internacional da Marcha
- A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza na Loita Contra a Violencia de Xénero
Vídeo do Acto: A violencia machista e os medios - 25N2009 - As boas e malas práticas xornalísticas a debate e votación - Edición CA21 33 min. de duración.
Enlace co vídeo:
http://blip.tv/file/2904493
Fonte: http://artabrix.blip.tv/
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon