Por Miguel Anxo Fernán Vello
24.11.20090
Galicia ou Galiza -país con dúas denominacións: unha oficial e outra alternativa, para máis enguedello dos cidadáns- vive, na miña opinión, unha multicrise. Padecemos a situación derivada das turbulencias financeiras internacionais orixinadas nos EEUU, vemos como nos dous últimos anos desapareceron ou se declararon insolventes máis de 2.500 empresas (resultaron fulminados ademais 5.000 negocios inmobiliarios) e temos un sector lácteo que perde arredor de 1 millón de euros diarios, ao mesmo tempo que 4.000 explotacións, un terzo do total galego, teñen serias dificultades para seguiren en activo. Mais a crise en Galicia -a multicrise, mellor dito- non é só económica -con ser este segmento, talvez, o máis importante-, pois ofrece moi variadas facianas e ámbitos distintos a partir dunha mesma raíz material -e velaí o económico outravolta. Vexamos. O sistema educativo galego, por exemplo, perde cada ano perto de 5.000 alumnos debido á crise demográfica, dato este que resulta verdadeiramente preocupante. E acabamos de saber, con datos do Instituto Nacional de Estatística, que o noso país, previsibelmente, vai perder 85.000 habitantes no período 2009-2019. Tema grave. Porque se partimos, por outra banda, dun informe feito público polo Instituto Galego de Estatística (IGE), podemos concluír, dadas as circunstancias e no máis factíbel dos escenarios, que Galicia pode perder 300.000 habitantes en menos de 40 anos; non en van temos a taxa de natalidade máis baixa do Estado español, xunto con Asturias, e unha das máis baixas do planeta. Esa é a realidade. Mais tamén existe no noso país unha crise propiamente política e cultural, cuestión lingüística incluída. Temos un Goberno que non goberna, está aínda quecendo motores, e temos unha oposición política que navega, uns e outros, no proceloso mar das interinidades, das indefinicións e da falta de Sturm un Drang, o clásico e romántico paixón e brío que tanta falta fai aquí e agora. Do asunto das Caixas, outra crise, falaremos nun próximo artigo.
Publicado en Galicia Hoxe
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon