- ESQUERDA UNIDA FELICÍTASE POLA COMPRA DA CASA DE CARVALHO CALERO, COMPROMISO INCLUÍDO POLA NOSA ORGANIZACIÓN NO ACORDO ORZAMENTARIO PARA 2009
- ESQUERDA UNIDA DEMANDA A SÚA REHABILITACIÓN NOS PRÓXIMOS 12 MESES, PARA INAUGURALO COINCIDINDO CO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
Esquerda Unida presentou ao Pleno do concello de Ferrol unha moción, en xaneiro deste ano, para facer posible a compra da casa deste eximio ferrolán. Foi aprobada por unanimidade de todos os Grupos Municipais. Esta iniciativa insírese no ronsel de actuacións que dende a concellería de cultura se levaron adiante durante a vixencia do Goberno bipartito da cidade para acadar o seu nomeamento para o Día das Letras Galegas.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida lembra que en outubro de 2010 cúmprese o centenario do nacemento do autor do Futuro imperfecto. O 30 de outubro de 1910 nacía Carvalho Calero e a nosa organización considera necesario poder rematar a rehabilitación do inmoble á altura de outubro do vindeiro ano. Reclamamos celeridade para proceder a súa rehabilitación. A súa posta en funcionamento como centro cultural para dentro dun ano suporía un sinal importante do compromiso da cidade cun dos seus fillos predilectos e, xa que logo, sería un argumento de peso certo diante da Academia Galega para conquerir que se lle adique o Día das Letras Galegas.
A biblioteca persoal de D. Ricardo Carvalho Calero se atopa en Compostela e a nosa organización insta ao Goberno Municipal a traballar para acadar un acordo que devolva ese legado para o espazo rehabilitado da súa casa natal.
O enorme atraso que leva o cumprimento do conxunto das actuacións previstas no acordo orzamentario entre o PSOE e o BNG nos leva a urxir ao Goberno Municipal a axilizar os trámites necesarios para executalo, porque todas actuacións comprendidas no devandito acordo supoñen darlle un pulo importante a morfoloxía urbana e de servizos da nosa cidade.
Ferrol, de 24 de novembro de 2009
Grupo Municipal de EU
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
24 de novembro de 2009 17:05
Prezad@s amig@s:
Vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU onde amosamos a nosa satisfacción pola compra da casa de Carvalho Calero, a proposta do noso Grupo Municipal, que presentara unha moción ao Pleno en xaneiro deste ano e logo incorporamos no acordo dos orzamentos de abril deste ano.
A nosa organización reclama agora que nos vindeiros 12 meses se proceda a súa rehabilitación para contar con este equipamento en outubro do vindeiro ano, cando se cumpre o centenario do seu nacemento.
Grazas pola vosa atención. Recibide un saúdo, Ramiro Marier ( Grupo Municipal de EU ).
________________
Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon