xoves, decembro 03, 2009

Acto de solidariedade con Aminatou Haidar


O BNG CONVOCA UN ACTO PÚBLICO DE SOLIDARIEDADE CON AMINATOU HAIDAR

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu convocar un acto de solidariedade coa activista saariana Aminatou Haidar quen desde o 15 de Novembro está en folga de fame para reclamar os seus lexítimos dereitos -o seu retorno en liberdade ao Sáhara-, pisoteados polo Goberno marroquino coa lamentábel cumplicidade das autoridades españolas.

Este acto se celebrará o vindeiro venres 4 de decembro as 19:30 horas na praza de Armas de Ferrol coincidindo coa visita que o ministro de Xustiza realiza a nosa cidade e como xeito de reclamar ao Goberno español que encontre a solución a este problema, que desfaga a lea en que el mesmo se meteu.

Para o BNG a solución que se lle pode dar é exactamente a que está a demandar Aminatou Aidar. O Goberno español é cúmplice do que está a pasar. É evidente que actuou con conivencia con Marrocos. Cremos que o Goberno Español ten que exixir con clareza a Marrocos que lle devolva o seu pasaporte á señora Aidar.

Así mesmo e aproveitando a condición de Ministro de Xustiza o BNG considera escandaloso que se impuxera unha multa a Aidar -a instancias da dirección do Aeroporto de Lanzarote- e afirmou con clareza que demostra a falta de sensibilidade das autoridades españolas.

O Bloque Nacionalista Galego continúa a apoiar o dereito de autodeterminación que asiste ao pobo saariano e lamenta que o goberno español, os sucesivos gobernos españois, teñan abandonado esta xusta causa. Para nós o pobo saariano está oprimido por Marrocos e ten perfecto dereito a que se cumpran as resolucións de Nacións Unidas e a ser independente.

Bloque Nacionalista Galego Ferrol

Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
3 de dezembro de 2009 09:23

_______________

2 comentarios

Hai muitos colectivos e organizaçons que poderiam participar num acto unitário de solidariedade com a activista saariana Aminatou Haidar, polo que ao meu entender o BNG deveria intentar um acto solidário unitario e diverso, se realmente quisera como primordial umha mostra de solidariedade do povo ferrolám coa activista saariana, mais umha vez outra oportunidade perdida, onde prima máis o tirar rendabilidade política da acçom que a acçom solidaria em sim mesma.

Inácio

A secta UPG, unha vez máis, prefire o protagonismo de 30 persoas, a un acto unitario de centos de persoas


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon