xoves, decembro 17, 2009

Concentración, en Ferrol, en apoio da activista saharauí Aminetu Haidar e a causa do Pobo Saharaui: Domingo 20 de Decembro

Este Domingo 20 de Decembro, ás 12 do Mediodía, diversas asociacións, organizacións e colectivos, entre as que se encontra Solidariedade Galega co Pobo Saharauí convocan unha Concentración, na Praza de Galiza de Ferrol, diante do Obelisco na cabeceira da Feira do Terceiro Domingo de Mes, para solidarizarnos coa activista saharauí Aminetu Haidar, apoiar as súas reivindicacións e a da causa do Pobo Saharauí.

As organizacións, asociacións e colectivos convocantes, facemos un chamamento para que se sumen á mobilización todas aquelas entidades sociais, sindicais, políticas, veciñais, ... e persoas a nivel particular que compartan e apoien as demandas [*] da activista saharauí Aminetu Haidar:
  • Demanda que a devolvan a El Aiún, coa súa familia, cos teus fillos, coa súa xente, ao seu país, o Sáhara Occidental e que as autoridades marroquís respeiten á súa persoa, que sexa tratada con dignidade, que non se violen os seus dereitos e que poda desenvolver ás súas actividades pacíficas en defensa do respecto aos Dereitos Humanos.

  • Demanda a intervención inmediata do Secretario Xeral de Nacións Unidas, Sr. Ban Ki Moon, acompañada dunha acción urxente para a súa protección e o seu regreso inmediato ao Sáhara Occidental, entanto que é un Territorio Autónomo baixo a custodia de Nacións Unidas.
así como a causa do Pobo Saharaui:
  • Que se concreta no respeito e exercicio do dereito inalienable do Pobo Saharauí á libre determinación e á independencia, de conformidade cos principios enunciados na Carta das Nacións Unidas e na súa resolución 1514 (XV), de 14 de decembro de 1960, na que figura a Declaración sobre a concesión da independencia aos países e pobos coloniais, xa recoñecido para o Pobo Saharauí por Nacións Unidas en numerosas e diferentes resolucións e declaracións, sendo a súa primeira vez na da Asemblea Xeral, sesión plenaria '2435a', de 10 de Decembro de 1975, resolución 3458 (XXX) e a súa última en 5 de Decembro de 2008, na 64ª sesión plenaria, resolución 63/105. Para o que é necesario o remate da ocupación por parte de Marrocos, o repeito dos dereitos humanos, facilitar a volta ao seu territorio de todas as persoas exiliadas e refuxiadas, a liberdade das presas e presos políticos e unha situación de paz e liberdade.
En Ferrol a 16 de Novembro de 2009

Até agora as entidades que apoian o acto son:
  • Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
  • Ateneo Ferrolán
  • Axuda en Acción
  • BNG
  • Colectivo Ártabra21
  • Comissão para a reunificação nacional da Galiza e Portugal
  • Esquerda Unida
  • Fuco Buxán A.C
  • Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Pendente de confirmar:
  • Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra - ASMIREFE
  • Asociación Veciñal de Esteiro
  • Colectivo Opaii - Rádio Filispim

[*Denuncia de Aminetu Haidar, abrir o baixar en formato -pdf- 5 páx. que está aloxado no servidor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Esta Denuncia da activista saharauí realizada no Aeroporto de Lanzarote, ante funcionarios do Ministerio do Interior Español, "contra todas aquelas Institucións, Entidades P'ublicas ou privadas e persoas que resulten responsábeis dos feitos" que nela se relatan, é de suma importancia por ser un documento que asina a propia Aminetu Haidar, onde queda reflexado o relato dos feitos segundo como ela os viveu e conta, así como as demandas que formula, evitando deste xeito as manipulacións que fan algúns políticos, medios e "tertulianos" interesados, sobre todo o acontecido.

Enlace cos Arquivos Ártabros, onde se pode acceder ao manifesto proposto para ler no acto do vindeiro Domingo 20 de Decembro de 2009, feito pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí:
________________

Enlaces de interese:
 _____________

Outras mobilizacións en apoio a Aminetu Haidar

Na Galiza:

Xoves día 17 de Decembro

19:30 horas - Santiago de Compostela - Praza do Toural

20:00 horas - Lugo - Diante do Concello (Praza Maior)


Venres día 18 de Decembro

19:00 horas - O Porriño - Diante do Concello

19:30 horas - A Coruña - Diante do Obelisco

19.30 - Ferrol - Praza de Armas

20:00 horas - Vigo - Diante do Marco

20:00 horas - Ourense - Diante da Subdelegacion do Goberno

20:30 horas - Pontevedra - Praza da Peregrina

20:30 horas - A Estrada - Diante do Concello


Sábado día 19 de Decembro

12:00 horas - Ponteareas - Diante do Concello


Domingo día 20 de Decembro

12:00 en Ferrol, na Praza de Galiza, nas inmediacións do Obelisco


Manifestación Ibérica en Madrid o vindeiro sábado día 19 de Decembro

Os autobuses que serán gratuítos, sairán o venres ás 12 da noite desde distintos puntos de Galicia, para apoiar a petición de Aminetu Haidar.

Para calquera outra información, póñanse en contacto cos Delegados de Zona ou coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, no: 986262637


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=cddg5av23P8

____________________

Última hora:

______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon