Sábado 30: Prog. radio O Recuncho nº 24
Este sábado 30 de xaneiro de 11 a 13 horas "O Recuncho", o programa radiofónico nº 24 da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:
- En directo con Delfina Bañobre, directora do CPI Atios e portavoz comarcal da plataforma "Queremos Galego".
- Ante a proposta de regulación de emprego na empresa Megasa, falaremos cun portavoz da empresa o cal nos expresará a nova situación na que se encontran os traballadores.
- Desde o estudo de Radio Filspim, Antonio García Jiménez, médico da UCI do Hospital Arquitecto Marcide que falará da súa profesión e das diferentes visións desde onde abordala.
- O historiador Enrique Barrera contaranos a historia de Amada García, mugardesa fusilada no castelo de San Felipe en 1938 xunto con outras sete persoas.
- José Torregrosa, coa súa sección "O despertar da razón", fará referencia a Homenaxe a Cuco Ruíz de Cortázar.
- Sección poética : Rosalía de Castro.
Podes escoitar tódolos programas emitidos en:
www.recunchofuco.blogspot.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
28 de janeiro de 2010 11:38
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon