xoves, xaneiro 28, 2010

A homenaxe a Cuco Ruiz de Cortázar en Caranza

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", súmase a Homenaxe organizado pola A. de VV. “Cuco Ruiz de Cortázar”, de Caranza – Ferrol. Este Sábado, 30 de Xaneiro, ás 19.00 h, no Centro Cívico de Caranza.

No transcurso dunha mesa redonda, presidida pola Concelleira de Cultura, farase a presentación do libro: “Una voz para un tiempo de silencio” en homenaxe a Eliseo Ruiz de Cortázar.

O acto será amenizado por “Proxecto Vocal Concerto do Tempo”.

Sobre a personalidade de Cuco Ruiz de Cortázar:

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
fucobuxan@gmail.com-
28 de janeiro de 2010 09:20


___________________________

Cuco Ruíz de Cortázar

O ferrolán Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido por Cuco, colaborou en 1974 na creación dunha comisión chamada "Servizos á Comunidade", composta por veciños da parroquia de Santa María de Caranza e doutras parroquias. Desta comisión xurdiu a asociación de veciños do barrio de Caranza, que recibiu o nome de Cuco Ruiz de Cortázar en homenaxe a este sacerdote cuxa morte prematura impediu que vise os moitos froitos do seu intenso traballo.

Ademais da organización veciñal e dos labores propios da súa condición relixiosa, Cuco encargouse da atención a persoas maiores, da alfabetización de adultos, da promoción da lingua e a cultura galegas e de solucionar os problemas de cantas persoas requirisen a súa axuda. A súa entrega nas tarefas que emprendía fai que aínda hoxe, case trinta anos despois da súa morte, sexa recordado por moitos veciños de Caranza cun enorme cariño e unha grande admiración.

Fonte: Traballo feito polo alunnado do IES de Caranza "Ricardo Carvalho Calero" sobre o barrio de Caranza

___________________

1 comentarios so far

Bem-vida seja a merecida homenagem a Cuco, à qual somo-me gostoso, mas lamento que o livro nom esteja escrito na nossa língua.

Sobre todo nos momentos históricos que vive a língua própria da Galiza, ameaçada polo mais escuro, ranço e agressivo da direita, capitaneados hoje no governo da "Xunta de Galicia", polos do "Opus Dei".

Num dos poucos espaços sociais onde o Galego está ainda algo presente querem-no desterrar co Decretazo.

Por outra banda, polo que se trata, pois esta-se homenageando a Cuco, um home que luitou pola promoçom da língua e a cultura galegas no nosso bairro. Luita que @s dirigentes vizinhais estám-se cargando pouco a pouco passinho a passinho, ano trás ano, espanholizando o bairro por cada recuncho, fazendo do Galego algo residual.

Inácio
_____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon