Por Bernardo Gutiérrez [*]
17.01.2010
O 17 de Outubro de 1989, San Francisco sufriu un forte terremoto. A súa magnitude foi de 7,1 na escala Richter, moi similar ao sufrido por Haití fai uns días (7,3). Morreron 60 persoas. O 19 de setembro de 1985 México foi golpeado por un terremoto devastador dunha magnitude nunca vista, 8,1 graos na escala Richter. A megapoblada e pobre Cidade de México sufriu un golpe durísimo. O número de mortos ascendeu a 7.000. Que curioso: parece que morrer nun terremoto é cousa de pobres. Canto menos recursos ten un país, máis persoas morren. O de Haití, onde os mortos poderían chegar a 200.000, vai camiño de convetirse no máis letal da historia. En Xapón, un tremor de 7,2 graos de intensidade, como o do 17 de xaneiro de 1995 en Kobe, provoca 5.600 mortos. En Haití, trémea terra e os miserables bidonvilles , barrios de casas de hojalata, se demoronan como un castelo de naipes, como conta Liberation (francés). O mundo, en masa, acudiu en masa a axudar ao primeiro país libre de América Latina. Pero dubido moito que alguén do máis alto escalafón vaia á raíz do problema. Que ninguén asuma a responsabilidade colectiva da traxedia. E moito menos que reconstrúan o país con outra orde de relacións co mundo. FronteraD fai un interesante repaso histórico de Haití: "En 1790 a entón Saint Domingue era o orgullo das finanzas francesas. 12.000 persoas libres -entre brancos e mulatos- xestionaban o traballo de 500.000 escravos. As 13 colonias que entón tiña Inglaterra (Estados Unidos) non xeraban tantos ingresos a Londres como esta diminuta media illa". Francia, que agora pide condonar a débeda, sentou as bases do seu desenvolvemento sobre a miseria de países esquilmados sobre Haití. Desde que o xeneral Jean Jacques Dessalines declarase a independencia en 1804, 23 tiranos, inspirados nos seus mestres franceses, desfilaron polo poder. Entre eles, o clan dos Duvalier. François Duvalier, Papa doc, e o seu fillo Jean Claude, Baby doc, exiliado na súa vida de luxo parisiense, saquearon as arcas do país. Pero hai moitos máis. A Casa Branca ordenou unha estupenda invasión de Haití en 1915, para pacificar as súas cidades, cobrar as débedas do Citibank e arranxar aquela Constitución que prohibía a venda de plantacións aos estranxeiros. Non foi a única vez: papa Bush apoiou o golpe de estado contra Jean-Bertrand Aristide en 1991 do xeneral Raoul Cédras. O seu fillo, Baby Bush, recortou a axuda a Haití. E, por que non, apoiou outro golpe de estado no ano 2004. Bill Clinton, o presunto salvador que apoiou a restitución de Aristide, apontoou á semi-illa obrigándoa a aceptar as duras medidas neoliberais que fracasaron en toda América Latina. Pero dá igual. Quen mellor que os gurús Bill Clinton e George Bush para axudar a Obama nas tarefas de reconstrución de Haití? Quizá, para estudar a folla de ruta, deberían analizar o terremoto de 8,4 graos de maginitud que arrasou Sicilia en 1268, na idade media á que foi condenado a vivir Haití, esa era tenebrosa onde os pobres morrían como cascudas ao máis lixeiro tremor da terra.
[*] Bernardo Gutiérrez (Madrid, 1975), fotografo e xornalista.
Web profesional
http://www.bernardogutierrez.es/
e Blogue
http://alfacentauro.info/
_______________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon