domingo, xaneiro 17, 2010

Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol



Hoxe sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiro ten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa..

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e que a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

- Capitán do buque “Ibérica Knutsen”.

- Dirección General de Política Energética y Minas.

- Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

- Promotores de la Planta de Gas de Reganosa.


¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de janeiro de 2010 21:07
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon