mércores, xaneiro 27, 2010

A Marcha Mundial das Mulleres presenta en Ferrol a Terceira Acción Internacional: Xoves 28 de Xaneiro de 2010


PRESENTACIÓN DA III ACCIÓN INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Xoves 28 de Xaneiro, ás 19:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol

Falarán:
  • Tereixa Otero, membra da Coordinadora Galega e representante no Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres pola Rexión Europea.

  • Bárbara Primo, membra da Coordinadora Comarcal de Ferrolterra.

Convidámoste a asistir á presentación das actividades que se realizarán tanto na Galiza como a nivel internacional en torno aos días 8 de Marzo e 17 de Outubro de 2010, co gallo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

Coas súas Accións Internacionais, que se realizan cada 5 anos, a Marcha Mundial das Mulleres pretende sumar a participación das mulleres e das asociacións e grupos de mulleres de todos os continentes, para expresar a nosa solidariedade internacional e xuntas denunciar as causas que provocan pobreza e violencia contra as mulleres en todo mundo.

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA
COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA



 2010 - Terceira Acción Internacional

Materiais diversos de apoio á organización da Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que se desenvolverá entre o 8 de Marzo e o 17 de Outubro de 2010.

En breve, inaugurara-se un sitio web específico da acción internacional de 2010.

Enlaces de interese para a Acción de 2010:
______________________________

Que é a Marcha ?


A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres

Casa das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:

  • Coord. Nacional: 671695968/637817745
  • Coord. Ferrol: 696732735
  • Coord. Pontevedra: 669794462
  • Coord. Vigo: 657825556/667531529

Enlaces de interese:
Enviado por:

lupe ces
lupeces@gmail.com
26 de janeiro de 2010 23:20
http://lupeces.blogspot.com/
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon