venres, xaneiro 22, 2010

O BNG propón completar as necesidades de saneamento no barrio de Canido e melloras na rúa Celso Emilio Ferreiro

O portavoz do BNG, Xoán Xosé Pita, considera, no texto da proposta, que é unha anacronía que existan, a día de hoxe, vivendas que carecen do servizo de saneamento, dándose a paradoxa de estar asentadas nunha zona situada xusto no medio de canalizacións deste tipo.

O BNG lembra que na actualidade estan en execución, obras de renovación deste servizo que non contemplan nen garanten a conexión ao saneamento das vivendas situadas na ladeira noroeste do barrio de Canido tanto no presente como nun futuro. A parte baixa desta ladeira, ( unha marxe da rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Ronda, Rivas de abaixo, Entre Muros) continuará sen canalización de saneamento.

O BNG considera que as actuais obras de saneamento na zona de Canido non se axustan ao que sería desexábel para o seu futuro funcionamento e conexión coa estación depuradora e que o Concello debería revisar este proxecto co obxectivo de aminorar no posíbel os verquidos na enseada da Malata.

Rúa Celso Emilio Ferreiro

O portavoz municipal Xoán Xosé Pita, destacou que resulta lamentábel o estado no que se atopa a rúa Celso Emilio Ferreiro máis alá das obras de saneamento que se estan a realizar na mesma. Para o BNG cumpre acelerar estes traballos, que se se demoran máis do programado, e acometer neste víal un proxecto global de humanización debido ao volume de tránsito, tanto de peóns como de vehículos, que soporta.

Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
22 de janeiro de 2010 03:24
____________________________________

Web do BNG en Ferrol Terra:
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada/
______________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon