- ESQUERDA UNIDA DENUNCIA AOS DESPEDIMENTOS EN GAMESA
- EU RECLAMA UNHA ACTUACIÓN PRONTA E DECIDIDA DA INSPECCIÓN DE TRABALLO PARA ATALLAR A CONTRATACIÓN TEMPORAL EN FRAUDE DE LEI
- ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA INTERVENCIÓN DA ALCALDÍA DAS SOMOZAS A PROL DAS E DOS TRABALLADORES
- ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE COA PLANTILLA DE GAMESA E EN PARTICULAR COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESPEDIDAS
O Grupo Municipal de EU denuncia a situación que se está vivir na empresa Gamesa Innovation & Technology, situación caracterizada pola brutal redución de plantilla e pola realidade inaceptable da existencia de contratación eventual en fraude de lei.
Realidade de despedimentos e ataques aos dereitos dos traballadores e que semella contraditoria cos beneficios da empresa obtidos o anos pasado, coas axudas públicas recibidas e pola perspectiva positiva dun sector aínda novo. Redución de plantilla dun 40% que se compadece mal coa redución da produción das palas que non chega a un terzo ( de 31 palas a 22 semanais ): esto é, un nidio incremento da carga de traballo por empregad@.
Esquerda Unida quere denunciar a pasividade cómplice da alcaldía das Somozas, que resta nun silenzo obxectivamente cómplice coa empresa, toda vez que non fai nada na defensa das e dos traballadores da empresa. O fútbol non pode esgotar todas as inquedanzas da alcaldía.
A propia inspección de traballo requiriu á empresa para que transforme en indefinidos os contratos temporais que carecen de causa válida ou que superasen o período máximo de duración estabelecido legalmente, debendo acreditar o cumprimento do devandito requerimento.
Esquerda Unida reclama da Inspección de Traballo que actúe con urxencia para facer real as demandas das e dos traballadores que están a ser despedidos sen atender as esixencias legais. A realidade deste días é que xa foron despedidos todos os traballadores con contrato temporal, os últimos aínda nunha data como a do 8 de xaneiro. Malia que boa parte dos mesmos estaban asinados en fraude de lei, porque como de novo recolle un escrito da Inspección de Traballo, compróbase que hai traballadores vencellados á empresa en virtude dunha sucesión de contratos de duración terminada por períodos prolongados de tempo sen que conste a sustantividade da obra identificada ao respeito da actividade propia da empresa, o que fai pór en dúvida a causa para a temporalidade do contrato.
Esquerda Unida entende indispensable unha actitude inflexible dos poderes públicos coas empresas que se aproveitan das axudas públicas – de todas e todos nós – para en troques incurrir en fraude de lei e en deslocalizacións das súas producións.
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
22 de janeiro de 2010 13:50
Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións de Esquerda Unida en apoio da plantilla de Gamesa, que vén de sufrir unha xeira brutal de despedimentos e reclamando unha actitude enérxica e decidida da inspeción de traballo e da propia alcaldía das Somozas diante dos despidos de eventuais en fraude de lei. Grazas pola vosa atención. Unha aperta, Ramiro Marier_________
Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon