Elia Rico, concelleira do BNG, considera que a situación que está a vivir a comunidade educativa como consecuencia da presentación por parte da Xunta do Borrador de Decreto do Galego no Ensino ten a entidade suficiente para ser abordada polo Consello Escolar Municipal. Coa súa inhibición o goberno local volve a demostrar unha clara falta de axilidade á hora de pulsar a realidade educativa e artellar os mecanismos necesarios para a súa análise e reflexión colectiva.
O BNG advirte que non quedan moitos días para estudar o borrador do Decreto que busca relegar, unha vez máis, a nosa lingua no ensino, xa que o prazo para formular as alegacións que se consideren a este documento tal e como vén recollido nas bases do Decreto, remata o venres 29 de xaneiro.
Elia Rico, calificou de falacia os argumentos de quen afirma que o Galego se estaba a impor no ensino e censurou que baixo o suterfuxio da necesidade imperiosa de estudar ingles, como 3ª lingua oficial deste país, se rebaixen as cotas do galego. Defende, tamén, a necesidade de garantir o 50% das materias en galego como defendia a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento Galego.
O BNG considera que a Xunta esta a facer deixadez das súas funcións ao pretender deixar en mans das familias a responsabilidade de valorar cando os seus fillos comezan a ter ensino en galego, canto e de que modo.
A concelleira nacionalista considera que é preciso que o Consello Escolar Municipal de manifeste ante este claro atropelo da lingua Galega no ensino, Cre que existen motivos sobrados para que sintamos a necesidade de defender o que nos define como pobo.
Enviado por:
Web do BNG en Ferrol Terra:
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada/
______________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon