xoves, xaneiro 14, 2010

Programa Provisional da "Rolda de Rebeldía": Primeira Quenda o 30 de Xaneiro de 2010 en Compostela


30 de Xaneiro de 2010: As ideas e a palabra, programa provisional

No aniversario do natalicio de Castelao, terá lugar a primeira quenda da Rolda de Rebeldía, o vindeiro 30 de xaneiro no Hotel Compostela, da cidade homónima. Nun primeiro adianto de programa estableceuse unha intensa xornada en catro sesións, xirando ao redor dos eixes temáticos propostos. Cada sesión contará cunha mesa introdutoria e unha moderación que garantirá que o meirande peso no tempo o teña o debate dende o público. As inscricións poderanse realizar até o día 27 deste mesmo mes en: http://www.roldaderebeldia.org
Nos vindeiros días enviaremos información máis polo miúdo (horarios, recepción, etc).



Sesión 1: XEIRA DA PROCURA

É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente-suxeito político-social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?

Intervencións introdutorias: Eduardo Rego, Xabier Macías, Xoán Hermida e Xavier Ron.

Modera: Imanol Dorca


Sesión 2: XEIRA DA IRMANDADE

Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?

Intervencións introdutorias: Antón Gómez-Reino (Tone), Manuel Casal Lodeiro, Xan Duro e Goretti Sanmartín

Modera: Lara Domínguez


Sesión 3: XEIRA DAS MIL VOCES

Que mecanismos e accións debemos emprender para afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso modelo de sociedade partindo da realidade galega de hoxe?

Intervencións introdutorias: Manuel Barreiro, Mónica Alzate, Luisa Ocampo e Xoán Carlos Carreira

Modera: Manoel Santos


SESIÓN 4: XEIRA PARTILLADA

Persoeiros do campo político debatirán co público as achegas e propostas recolleitas nas tres primeiras xeiras.

Intervencións introdutorias: Xosé Manuel Beiras, Carlos Morais, Carlos Aymerich, Paco Rodríguez (por confirmar) e Mariano Abalo
Rea Dianteira: membros de formacións (Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida, PCPG...)

Modera: Iria Otero


MÁIS INFORMACIÓN:



CONTACTOS:

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon