sábado, febreiro 27, 2010

Actividades do Ateneo Ferrolán en Marzo de 2010

Clube de Lectura

  • O próximo día 2 de Marzo ás 19:30 horas continuamos co noso Clube de Lectura, estamos lendo “Plenilunio” de Antonio Muñoz Molina.
  • Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso Clube de Lectura, segue levándose a cabo Todos os primeiros Martes de cada mes.
  • Diferentes autores foron os escollidos para os nosos encontros como: Juan Rulfo, Gabriel García Márquez, Manolo Rivas, Damaso Alonso, J. Sender, Machado, García Lorca, Miguel Delibes, Julio Cortázar, Vargas Llosa, Valle Inclan, Eduardo Mendoza, Sabato, Saramago, Gil de Bietna, Pío Baroja, Lendas galegas, teatro, Jose Luis Sanmpedro, Julia Uceda, ......etc.

Círculo de pensamento “cirpén” no Ateneo Ferrolán o próximo Mércores día 3 de Marzo
  • A filosofía é a ciencia que trata da esencia, propiedades, causas e efectos das cousas naturais.
  • Círculo de pensamento filosófico do Ateneo. Reúnense un bo número de persoas a reflexionar sobre as distintas realidades da vida, profundizando nelas, en busca da razón.

Martes de cine no Ateneo Ferrolán
  • Ciclo “O cine arredor de foise co vento
  • Os 70 anos do mellor ano do cine: 1939
  • As proxeccións serán os Martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán - A entrada é de balde.

Terra de audaces (1939) Martes 2 Marzo
Director: Henry King
Intérpretes: Tyrone Power, Henry Fonda, Nancy Kelly

Sinopse:

Esta incrible narrativa recolle a historia do pistoleiro máis tristemente famoso do Oeste americano, Jesse James (Tyrone Power), e o seu irmán Frank (Henry Fonda), desde a súa infancia nunha granxa de Missouri, até a súa idade adulta, narrando as súas aventuras como salteadores de trens e bancos.

Entre ficción e realidade, esta impresionante narración das súas lendarias actividades delituosas está cargada de suspense e de romanticismo e apoiase nuns personaxes sabiamente debuxados, como o interpretado por Randolph Scott, magnífico coprotagonista que dá vida a un dos máis pintorescos personaxes do Salvaxe Oeste.


Os violentos anos 20 (1939) Martes  9 Marzo

Director: Raoul Walsh
Intérpretes: James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart

Sinopse:

Clásico do xénero que relata os diferente destinos de tres veteranos da Primeira Guerra Mundial que, tras coñecerse no campo de batalla, regresan a América tras loitar polo seu país. A pesar do desemprego e das difíciles condicións económicas, Lynn irá polo bo camiño, pero Cagney, amargado por non ter traballo nin futuro, unicamente atopa unha oportunidade no contrabando ilegal de licor. Bogart é un implacable gánster nun mundo onde a violación da lei seca implica entrar no mundo do crime.

Cumes borrascosos (1939) Martes 16 Marzo

Director: William Wyler
Intérpretes: Merle Oberon, Sir Laurence Olivier

Sinopse:

Perdido nunha tormenta de neve nun rochoso páramo inglés, un estranxeiro atopase con Cumes Borrascosos, a lóbrega mansión do misterioso Heathcliff, un home tan torturado por un amor non correspondido que perdeu o desexo de vivir. Mentres a treboada roxe no exterior, o esgotado camiñante escoita fascinado a triste historia de Heathcliff -o antigo mozo dos cabalos- e o seu inocente amor por Cathy, un espírito libre que nunca chegou a facer realidade a súa paixón, porque cando Heathcliff volveu na súa busca logo de moito tempo tentando facer fortuna, atopouse a Cathy xa casada cun mozo da alta sociedade.


Venres día 5 de Marzo – ás 19 horas: Cine Fórum


Sábado 6 Marzo – ás 20 horas: Concerto “Abril fado Atlántico


Venres 12 de Marzo ás 20 horas: Homenaxe a Uxio Novoneyra
  • O Venres 12 de marzo, terá lugar a presentación no Ateneo Ferrolán, da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos.
  • Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010.
  • No acto contaremos coa participación de Uxio Novoneyra Rei

Exposición: Do 5 ao 17 de Marzo: Pinturas de Marco A. Cendán


Concurso composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega “Constantino Bellón” 2009: A celebrar o Mércores día 10 de Marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre de Ferrol
  • A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.
  • O Premio de Composición para Gaita Galega Solista 2009 Jesús Rodil Rodríguez
  • E os accésits desta pasada edición:
  • Javier María López Rodríguez coa obra “Tumbaleira” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
  • Pablo Devigo Vázquez coa obra “Jota” para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
  • Así mesmo faráse a presentación do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega pola partitura “Lugrís” para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
--
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
26 de fevereiro de 2010 20:25

__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon